Esta actividade xurdiu como un xogo entre veciños hai 10 anos, hoxe atrae a cidadáns de barrios como Labañou, Sagrada Familia, Eirís, Catro Caminos…
Son os mesmos veciños que comenzaron con esta actividade lúdica e os seus fillos que nun principio participaban como protagonistas, quenes organizan de xeito altruista esta actividade que consiste nunha especie de scaperoom no fantástico entorno do barrio das Flores, onde personaxes do máis terrorífico amenizarán a tarde aos máis pequenos .
A actividade dará comezo no café-bar Din-Don ás 19:30 e rematará no café bar Invernadero cunha merenda “de medo” para os participantes.