O Concello de A Coruña restaurará o monumento a Alexandre Bóveda

O Concello de A Coruña restaurará o monumento a Alexandre Bóveda

O Concello da Coruña levará a cabo a restauración do monumento a Alexandre Bóveda, localizado na praza de Xosé Toubes. As actuacións enmárcanse na aposta do Goberno de Inés Rey pola recuperación do patrimonio cultural da cidade.


A escultura foi inaugurada no ano 2008 nun acto público en homenaxe ao intelectural e referente galeguista no que participaron numerosas persoas recoñecidas do mundo da cultura galega. É obra do artista Francisco Pérez Porto, natural de Fene e colaborador en Sargadelos desde o ano 1984 con Isaac Díaz Pardo onde participaba como formador nos cursos de verán do propio taller.


Entre as súas intervencións destaca a creación dos elementos sinaléticos do Camiño Francés en Galicia, de Pedrafita a Santiago. Ademais, é recoñecido pola súa recuperación e resignificación da olería tradicional buñense outorgándolle unha nova dimensión creativa.


O monumento representa unha imaxe compositiva dividida en catro alturas que simboliza a loita polos ideais galeguistas de Alexandre Bóveda. Na parte superior atópase unha muller loitadora, en representación de Galicia, e baixo ela un grupo de persoas collidos da man que mostran o conxunto dos galegos e galegas.


Na actualidade, a escultura presenta pequenas patoloxías a causa do paso do tempo e localización ao aire libre: acumulación de depósitos de po e sucidade ou presencia de liquens.


Tamén outros danos como pintadas ou faltantes. A restauración, que conta cun orzamento 7.500 euros, consistirá nunha limpeza xeral da peza, mantendo a gama cromática orixinal. Tamén se reintegraran os faltantes volumétricos (mans e caras) e acondicionar a base-peana, pintándoa. 

 

Será coordinada pola restauradora Carme Romero, discípula e especialista en cerámica e idiolecto artístico do fenés.

O Concello de A Coruña restaurará o monumento a Alexandre Bóveda

Te puede interesar