Gadis publica un fanzine co traballo de talentos emerxentes que se distribuirá nas súas tendas

Gadis publica un fanzine co traballo de talentos emerxentes que se distribuirá nas súas tendas
Presentación da campaña / Santiago Ortiz

Gadis únese, un ano máis, á conmemoración do Día das Letras Galegas co propósito de chegar ao maior número de personas e a perfís de público moi diferenciados; de ahí que poña en marcha novas iniciativas para apoiar a cultura galega nas súas diversas manifestacións.

 

A compañía elixiu este ano un innovador formato para publicar: un fanzine, no que visibiliza o talento de 12 profesionais emerxentes da ilustración e da banda deseñada, resaltando o potencial destas disciplinas artísticas coma linguaxe universal nunha época na que a cultura visual forma parte da vida cotiá da sociedade. 
 

Desde o título escolleito, Tirabeque, pasando polo deseño con ilustracións, debuxos e textos cargados da retranca tan característica desta terra, o fanzine reflicte imaxes e situacións reais cunha visión humorística para atrapar aos lectores. Unha fórmula de divulgación cultural cercana para chegar a todos os públicos.

 

Todos os Supermercados Gadis de Galicia agasallarán aos seus clientes con 30.000 exemplares de Tirabeque, ata fin de existencias, o próximo martes 16 de maio. Tamén se poderá descargar no link https://www.gadisletrasgalegas.gal/.  Ese mesmo día, repartirá 30.000 marcapáxinas en galego, nos que se rende homenaxe á figura de Francisco Fernández del Riego. Recordan, ademáis, accións de apoio á cultura galega desenvoltas pola compañía no último ano, como a edición da obra 15 voces da nova poesía galega” e “Versos na rúa”, que achegou pezas de escritores históricos a pasos de peóns de distintas localidades da xeografía galega.

 

Gadis repite, ademáis, unha das súas iniciativas señeiras, coa que foi pioneira en Galicia. Esa mesma xornada do 16 de maio regalará 30.000 bolsas de papel reciclado para que a cultura galega chegue a miles de fogares en Galicia con este elemento tan cotián.

 

Outra das novas de Supermercados Gadis é o convenido asinado coa Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para potenciar a utilización do galego nas plataformas dixitais. A empresa lanzará un concurso de vídeos creativos en TikTok este verán, no que se premiarán as mellores pezas en diferentes disciplinas: arte, música, audiovisual e poesía. 

 

Apoio inquebrantable á cultura galega

Máis de dúas décadas leva a compañía 100% galega impulsando accións e apoiando acontecementos para poñer en valor a cultura propia, nas súas diversas manifestacións, ao longo do ano. No ámbito da literatura, cabe destacar a edición de máis de 360.000 exemplares de obras literarias de autores noveles e outros consagrados escritos en galego, cos que agasallou aos seus clientes, desde a convicción de que a lingua une e reforza a identidade común.ño a setembro.

Gadis publica un fanzine co traballo de talentos emerxentes que se distribuirá nas súas tendas

Te puede interesar