Máis de 54.000 metros cadrados de firmes renovados na Coruña no último ano

Máis de 54.000 metros cadrados de firmes renovados na Coruña no último ano

O Concello da Coruña destinou en 2023 unha partida de dous millóns de euros ao mantemento e conservación das estradas de titularidade municipal, un investimento fundamental en materia de seguridade vial que supuxo, só no último ano, a renovación de máis de 54.000 metros cadrados de asfalto entre os diversos barrios.


O plan de intervencións establecido polo Goberno de Inés Rey nace, en primeiro lugar, da escoita activa das demandas veciñais e, por outra banda, dos reportes periódicos emitidos polos servizos municipais de Infraestruturas, Mobilidade, Seguridade Cidadá e a Policía Local, esenciais neste senso polo seu traballo a pé de rúa en cada distrito.

 

Asfaltado calles A Coruu00f1a 2


Froito deste procedemento, durante o mes de xaneiro deste ano acometéronse melloras ao longo da avenida de Oza, onde se renovou o firme no treito que vai desde a rotonda do barrio dos Castros á glorieta de Catro Camiños, actuando sobre unha superficie total de 10.851 metros cadrados.


Xa en abril renovouse o firme nun treito de quilómetro e medio entre os barrios de Matogrande, Elviña e Catro Camiños. Foi unha importante intervención sobre unha superficie de case 19.000 metros cadrados entre a rotonda de Camilo José Cela con Matogrande, a avenida Salvador de Madariaga e a rúa Caballeros.


Ademais, aproveitando o plan de melloras entre Matogrande, Elviña e Catro Camiños acometeuse a disposición dun novo pavimento, en cor vermella, para diferenciar os percorridos específicos do carril bici da avenida Salvador de Madariaga, desde o cruzamento coa rolda Camilo José Cela ata a avenida de Monelos.

 

Atención especial aos viais onde circulan camións ou vehículos pesados
O contrato de mantemento e conservación das estradas municipais, adxudicado á empresa coruñesa Canarga, inclúe tamén actuacións de reparación e bacheo, unha medida de continxencia ante a detección de puntos onde o firme experimenta un deterioro máis rápido. Por exemplo, nas vías de acceso aos polígonos industriais ou en percorridos onde é máis habitual o paso de transporte pesado, como é a estrada de Bens en dirección á planta de tratamento de residuos de Nostián.

 

Asfaltado calles A Coruu00f1a 1


A este respecto, cómpre lembrar que, en outubro do ano pasado, o Concello renovou máis de 10.000 metros cadrados de firme na estrada que conecta Bens co límite municipal con Arteixo, traballos que se levaron a cabo co obxectivo de mellorar a seguridade viaria, e se executaron no treito que parte desde a cala cara ao núcleo poboacional de Suevos, onde é habitual o tránsito de camións de carga.

 

Melloras na avenida de Fisterra, O Birloque e a contorna das Lagoas
As intervencións sobre as estradas municipais teñen casuísticas diversas. No seu mantemento e conservación inflúe, por exemplo, o impacto derivado das condicións meteorolóxicas, pola erosión que supón a choiva sobre as superficies de paso para o tráfico rodado. Mais tamén se ten en conta onde hai un paso constante de vehículos e aténdese á súa tonelaxe.


Neste sentido, o plan de melloras establecido polo Concello da Coruña atende, por exemplo, ás vías onde hai unha circulación de vehículos intensa. É o caso da avenida de Fisterra, onde o Concello renovou no primeiro semestre de 2023 un total de 13.000 metros cadrados de firme no sector comprendido entre a praza de Pontevedra e o cruzamento coa rolda de Outeiro, un percorrido que vertebra barrios como o Ensanche e tamén linda co Paseo das Pontes, a Sagrada Familia, a Agra do Orzán e o Ventorrillo.


O calendario de intervencións dos últimos meses tamén incluiu actuacións na avenida García Sabell, entre Lonzas e O Birloque, con melloras en 1.250 metros cadrados de firme; na praza Agustín Díaz, onde se renovaron os 6.500 metros cadrados da área de estacionamento lindeira ao Complexo Polideportivo de Elviña.


Ademais, tamén se renovaron case 1.700 metros cadrados de asfalto queno sector oeste do Paseo Marítimo, na contorna das Lagoas, os 1.750 sobre os que se actuou na rúa Lamelas, na estrada de acceso á Universidade entre Someso e San Vicenzo de Elviña, e os case 1.000 que se executaron entre os Cantóns e a rúa Juana de Vega. 

Máis de 54.000 metros cadrados de firmes renovados na Coruña no último ano

Te puede interesar