María García | “A Inés lle encantaría celebrar Aesia ata as eleccións”

María García | “A Inés lle encantaría celebrar Aesia ata as eleccións”
María García, portavoz do grupo municipal da Marea | Quintana

María García (A Coruña, 1978) leva oito anos no grupo municipal da Marea. Primeiro, durante o Goberno de Xulio Ferreiro, como concelleira de Medio Ambiente. Despois, como portavoz. Será o seu último cargo, posto que os estatutos da Marea impiden que alguén ocupe un posto político mais aló dos oito anos.

 

Rematou 2022. Cómo o ve? 
Ao longo do ano foise evolucionando a peor. Empezou con un acordo orzamentario que era necesario despois dun 2021 sen orzamentos por decisión de Inés Rey. A Marea pactou uns orzamentos expansivos con acordos pioneiros pero o grado de execución de acordos foi insuficiente. 

Por exemplo? 
Se fixeron cousas: o plan de saúde mental, a gratuidade das escolas infantís, mover os baixos... Pero hai grandes lagoas en políticas de vivenda, de enerxía, os barrios. E iso é un déficit, sobre todo de cara a este ano, cara a negociación orzamentaria. E xa, de guinda a crise de goberno coa sentenza que declara ilegal o nomeamento de Mónica Martínez.

 

É unha sentenza que lles da a razón sobre a edil de deportes.
Nos da a razón por segunda vez, todos os asuntos que nos vimos obligados a levar aos tribunais nos deron a razón. Tamén en canto os dereitos fundamentais dos membros da Corporación. Hai unha lectura que facer disto: estamos vivindo una involución democrática co Goberno de Inés Rey e a Marea está vixiando.

 

Pero teñen que chegar a acordos. Este ano foi maas difícil? 
Non. A Marea o que non quere é bloquear o Goberno como se nos bloqueu a nós. Nese senso, queremos ser motor.  Pero non está reñido con criticar y fiscalizar de maneira contundente.

 

Acordaron nove millóns de euros para vivenda. Que ocurreu? 
Están sen executar. Querían pagar con parte dos fondos de vivenda o acordo da cárcere (o antiguo cárcere provincial, polo que o Concello teñe que pagar ao estado 2,3 millóns). Foi un dos motivos polos que votamos en contra.

 

A Marea tamén tivo o seus propios problema. Unha concelleira se foi e a seguinte na lista, Susana Soneira, decidiu asumir o cargo como non adscrita. 
Foi unha decisión penosa e unha traición a vontade cidadá pero a Marea Atlántica ten que pasar páxina. Nós viñemos aquí a influir nas políticas do Concello e enredar nestas cuestións o menos posible, pero é repudiable dende todos os puntos de vista.

 

Con Mónica Martínez e a Marea, o PSOE tiña maioría absoluta. Que vai pasar agora? 
Non sabemos como vai a ser agora, nen se Mónica Martínez vai manter a acta ou non. En todo caso, o que está a dificultar a toma de acordos é a falta de negociación. Non hai proxecto orzamentario e no último pleno non se levaron os asuntos a negociación. 

Pero casi todos os asuntos que se levan a pleno se aproban.  
Creo que é evidente que a actitude da oposición foi constructiva. Crítica, ambiciosa e moi esixente para as políticas públicas. 


A alcaldesa agora asume as competencias de Deportes.  
Mais alá das atribucións de Deportes, que se suman a outras que non da xestionado, creo que a lectura é a de un goberno insuficiente. Ten o número de concelleiros mais baixos da historia da Coruña e están tendo dificultades de xestión graves. É un goberno en crise permanente.

 

Pero houbo moitos anuncios. A sede da Axencia de Intelixencia Artificial (Aesia), por exemplo.  
Creemos que é un momento excepcional porque hai fondos europeos para moitas cousas e son decisións que saúdamos. A Inés lle encantaría estar celebrando Aesia ata as eleccións municipais, pero iso non soluciona un montón de carencias. A cuestión da vivenda na Coruña é gravísima, e Aesia non vai solucionar a dificultades das persoas que non poden pagar o alquiler.

 

Qué me di dos barrios? 
Chamámoslle o Goberno cantonal, polos Cantóns. Hai un déficit histórico nos barrios e hai investimentos sen tocar. Por exemplo, a biblioteca de Novo Mesoiro ou Xuxán, que necesita unha escola infantil.

 

E na área? Qué opina do cambio do modelo da planta de reciclaxe? 
Nostián se basea no seu carácter metropolitano e na materia orgánica. A cuestión húmido-seco  hai que defendela a capa e espada. Foi unha sorpresa desagradable ver que cambiaban iso e creo que teñen que rectificar.

 

Vostedes bloquearon o acordo polos peiraos. 
Por suposto. Son terreos públicos. Por qué hai que pagar vinte millóns de euros por non mover unha pedra? A xente xa está disfrutando dos peiraos centrais.

 

Vostede non repetirá no Concello. Cómo recordará estes oito anos? 
Buf! Empezamos gobernando e foi un reto importante. Creo que fixemos un moi bo traballo, abrindo o concello á cidadanía. E na oposición, priorizamos os intereses da cidade e non pagamos coa mesma moeda ao PSOE. 

María García | “A Inés lle encantaría celebrar Aesia ata as eleccións”

Te puede interesar