Miquel Insua | “A película suxire a pregunta sobre onde van as ánimas”

Miquel Insua | “A película suxire a pregunta sobre onde van as ánimas”
Miquel Insua e Ángeles Huerta ofreceron onte un coloquio | Pedro Puig

A película ‘O corpo aberto’ estreouse este venres. Onte tivo lugar un coloquio en Cantones Cines coa presenza da directora, Ángeles Huerta, e do actor Miquel Insua.

 

Cal é o punto de partida da película ‘O corpo aberto’?
O punto de partida da película foi o conto de Xosé Luis Méndez Ferrín ‘Lobosandaus’. Ángeles Huerta veu unha posibilidade de converter ese conto pequeno nun film.

 

Encádrase dentro do xénero terror folk, que sensacións transmite?
Sí, puxéronlle un pouco esa etiqueta de terror folk, e incluso din que pode ser un western, pero eu penso que para nós en Galicia non ten tanto que ver con algo de terror folk senón case con vivir ese mito, esa tradición. Sobre todo como Ángeles Huerta lle da unha volta ao mito para humanizalo, ten unha mirada moi fermosa sobre o mito, a mirada feminina de Ángeles é unha maravilla, é o que a min me namorou do guión.

 

Cando liches ese guión, xa soubeches que querías participar na película?
Eu fun o último en entrar no reparto, tiven unha entrevista con Ángeles, fixemos un casting e díxome que si aos dous días. Hay guións e historias que te chaman e son como reclamos. Neste caso penso que tamén porque está Xosé Luis Méndez Ferrín, está Mercedes Peón facendo a música orixinal, as novas xeracións de actores e de actrices... Para min digamos que un país tamén se constrúe a base de relatos e penso que este vai ser un dos relatos fundamentais na historia do audiovisual galego.

 

A superstición está presente en toda a película como unha especie de telón de fondo?
Sí, eu penso que temos algo de eso, está a superstición pero tamén hay unha pregunta fundamental, onde van as ánimas cando se desprenden dos corpos, que queda dese aura, esa é unha pregunta que está todo o tempo ahí na película.

 

O profesor Miguel, interpretado por Tamar Novas, chega para revolucionar a vida dos nenos e termina por sorprenderse el mesmo?
El dalgunha maneira representa o progreso, a razón, e eu interpreto a un abade. O protagonista vaise atopar cunhas tradicións que el inicialmente interroga pero pouco a pouco vaise metendo nelas. O entorno tamén che fai cuestionar a rixidez que ten a razón.


Cal é a relación do teu personaxe, don Fernando, co profesor?
Cos personaxes sempre tes que deshabitarte un pouco para ver o que che están pedindo. Aquí na teoloxía é a verdade revelada e claro, ao poñerte unha sotana dalgunha maneira estás renunciando ao que son as paixóns e nesa vila el ten unha máquina de retratar, entón retrata o aura da xente que vai morrendo. Cando o personaxe interpretado por Tamar Novas, Miguel, empeza a moverse polas paixóns el dille que busque a beleza por encima do que xa sabemos que son as paixóns. A min hai algo que me gusta moito desta película, que é a maneira de expresar os sentimentos.

 

A película foi rodada en distintas localidades de Galicia e Portugal, como foi o día a día da rodaxe?
A verdade é que estabamos en Tourem nunha casa que estaba nunha vila na que as vacas ían solas ao lindeiro e volvían solas e de moi poucos habitantes. Iso axudounos moito, ese silencio, incluso os costumes, a maneira de comportarse dos nenos, todo estaba un pouco entre nós. Se non tivéramos o móvil, a tecnoloxía, estaríamos nunha regresión, que é unha maravilla porque convivir todos alí axudounos moitísimo a meternos nesa atmosfera.

Miquel Insua | “A película suxire a pregunta sobre onde van as ánimas”

Te puede interesar