Reportaxe | Xurxo Lobato retrata á Coruña plural, diversa e cohesionada

Reportaxe | Xurxo Lobato retrata á Coruña plural, diversa e cohesionada
Inés Rey acompañou a Xurxo Lobato na presentación de ‘Rostros da Coruña’ | Quintana

“Unha cidade diversa, na que se convive, na que se cohabita, onde se desfruta tamén, pero sobre todo, unha cidade plural e cohesionada”, esa é a visión que a Xurxo Lobato lle quedou tras rematar o proxecto ‘Rostros da Coruña’. Trátase dun libro fotográfico que presentou onte no pazo de María Pita e que recolle unha sorte de radiografía da cidade a través dun cento de retratos de personas.
 

Foron un cento de retratos os que tomou Lobato, buscando unha representación simbólica da cidade, “parecíame interesante facer un mosaico sobre a composición sociolóxica da Coruña e poñer en valor que a cidade se fai co esforzo de todos”, apunta o autor. Explica tamén que sale “xente recoñecida”, como representación empresarial, sindical, política e social, pero tamén “xente anónima, que non sendo popular ou coñecida, son imprescindibles para que a cidade funcione”.
 

I é que ás veces, este tipo de proxectos acaban por apuntar só “ao famoseo”, polo que Lobato buscou ir a “todas as capas sociais, quería que houbese un equilibrio de xénero, de territorio (polos barrios), así como de actividades”, polo que incluiu a persoeiros do deporte, do xornalismo, da atención sanitaria, dos mercados, da refinería ou do porto, entre outros.
 

“A pena é que solo puiden retratar a cen, porque sería inviable facelo con 250.000 habitantes”, recoñece entre risas, destacando que o importante é “o carácter simbólico, non excluínte”. Por ese motivo buscou representar aos diversos sectores, lugares e colectivos da cidade englobados nese cento de rostros.

 

Proxecto

En definitiva, “é un proxecto no que intento facer unha xeografía humana, unha galería de retratos do que poderían ser os coruñeses de hoxe”, apunta o autor.
 

Lobato explica cómo naceu a idea, no 2021, durante a pandemia, nunha época “na que nos tapabamos o rostro”, o que o levou a “representar a importancia do rostro, a importancia das caras, foi un elemento de reflexión”. Nese tempo que ás veces xa tratamos de esquecer, puxemos máis valor “en verlle a cara á xente, porque non sabiamos se ría ou o que había detrás da máscara”.

 

Publico presentaciu00f3n xurxo lobato rostros da coruu00f1a Quintana
Público na presentación de 'Rostros da Coruña' | Quintana


 

Tamén hai por detrás un factor de continuación doutros proxectos similares que leva a cabo, como ‘Rostros da memoria’. Por outra banda, o retrato “sempre me cautivou”, polo que tomar instantáneas dos rostros, esquecidos pola pandemia, e documentar un tempo como ese completou o reto para o autor.
 

Indica Lobato que, “agás un par”, os retratos son todos “sociolóxicos, retratos da persona no seu ambiente, porque o que importa é o que representa esa persona socialmente”. “Ao mellor hoxe non lle damos importancia, pero dentro de 40, 50 ou 100 anos, ver esta publicación servirá para ver edificios, personas ou actividades que ao mellor xa pasaron á historia”.
 

No tocante ao libro, as introducións son obra da alcaldesa, Inés Rey, e da directora do Instituto de Estudos Coruñeses José Cornide, Ana Romero Masiá, que tamén está retratada no interior. Rey presentou a obra no pazo de María Pita, ante a mirada de decenas de persoeiros da cidade, moitos dos cales aparecen retratados tamén en ‘Rostros da Coruña’.


Todos teñen en común, “dentro da diferencia, o amor á cidade, a identificación con ela”, apunta Lobato, que asegura que coa pandemia, había “moita falta de fraternidade e solidariedade”. Ademáis, destaca a boa recepción dos participantes, “todo o mundo estaba encantado de participar neste proxecto, non lembro a nadie que invitara e dixese que non”. 

Reportaxe | Xurxo Lobato retrata á Coruña plural, diversa e cohesionada

Te puede interesar