Roberto Vilar | “O humor en Galicia é máis que un chiste, o humor en Galicia é país, é unha maneira de vivir”

Celebra 30 anos no mundo da comedia cun espectáculo, ‘Celebreixon’, co que visitará o vindeiro 28 de abril o teatro Colón, no marco do Emhu. Neste show, ademais de contar con Andrés Suárez, repasará máis dun cento dos seus gags
Roberto Vilar | “O humor en Galicia é máis que un chiste, o humor en Galicia é país, é unha maneira de vivir”
Roberto Vilar, nunha foto promocional | Destino Bergen

Tres décadas facendo rir a milleiros de personas fan necesaria unha celebración especial. E unha celebración especial é o que preparou Roberto Vilar con ‘Celebreixon’, para conmemorar os seus 30 anos “vivindo de puta madre desto de facer rir”. Tras varias funcións por Galicia, o vindeiro 28 de abril (17.30 e 20.00 horas) visitará o teatro Colón, no marco do Encuentro Mundial de Humorismo (Emhu).

 

¿Que verá o público no teatro Colón? 
Pois ‘Celebreixon’ é un espectáculo de comedia no que celebro os 30 anos vivindo de puta madre desto de facer rir, e bueno, é un espectáculo grande, realmente grande, porque move moita xente, e é moito máis que un monólogo, porque pasan moitas cousas. En cada cidade que vamos hai un invitado sorpresa, e aquí na Coruña pasa algo curioso, que o invitado que vai ir á Coruña ten tantos fans que me daba moita pena, que me matarían as súas fans, sobre todo, se non anuncio que é Andrés Suárez o cantante que vai estar no espectáculo facendo algo inédito. E despois hai moito espectáculo, moitos sketches, moita música... realmente é como unha especie de musical onde repaso a miña carreira e, sobre todo, intento que se ría moito a xente. Creo que meto os 150 mellores gags ou chistes que eu conozco.

E na Coruña tivo que doblar funcións. 
En Coruña é algo tamén moi especial porque sacamos á venda unha función o domingo ás oito da tarde e vendeuse todo en poucas horas e tuvemos que sacar outra función que será o mesmo domingo ás cinco e media da tarde, a cal vai xa máis da metade vendido. Estou pensando que incluso vamos ter que facer unha matiné (ri).

 

Botando unha ollada ao pasado, que esperaría o Roberto de hai 30 anos do actual? 
Buah, é todo un milagro. Todo o que me leva a pasado profesionalmente é un milagro. De pequeno gustábame a tele, eu soñaba con traballar na tele, pero bueno, empecei estudiando para cámara, para realización, vin a oportunidade de empezar do outro lado e foi todo como sucedéndose dunha maneira máxica, tuven a imensa sorte de toparme con xente espectacular e saleu ben, o sea, non puido salir mellor. E 30 anos máis tarde me atopo máis feliz que nunca, con máis ganas que nunca, co cariño do público, co público rindose, cos teatros cheos... é un soño difícil de explicar.

 

Os meus referentes, claramente, son Tom e Jerry, ese sería o titular


Cambiou a comedia nestes 30 anos? 
Hai moita máis comedia, hai moitos máis cómicos, moitas máis cómicas, consúmese máis comedia, a comedia está de moda, funciona, o público demanda comedia. Se pode facer moita comedia de todo tipo, blanca, negra, azul, vermella... hai cómicos e cómicas de todos os estilos e de todas as maneiras, é un dos grandes momentos para a comedia. Pero bueno, a esencia da comedia é que o que está do outro lado se queira rir. A vida nos pon demasiado serios, pero, aínda así, eu no teatro noto que a xente quérese rir e a risa ten a capacidad marabillosa de suspender o pensamiento e nos vén moi ben de vez en cando.

E cales eran os seus referentes? 
Eu crieime coa televisión. Eu vivía nunha aldea moi pequena, entón, todo o que vía alí, para min, era un soño: Os Pallasos da Tele, Charles Chaplin, El Gordo i El Flaco, Tom e Jerry... buah, para min todo eso era máxico, me parecía completamente imposible que eu puidera estar dese lado, de feito, educábasenos sin esa posibilidade, unha persona dunha aldea non tiña acceso a iso. E cando vin que había a posibilidade de disfrutar diso, para min foi como un soño. Pero os meus referentes, claramente, son Tom e Jerry, ese seria o títular (ri).

 

Cómo ve o que se logrou co Emhu na Coruña? 
Ten moita lóxica que en Galicia haxa un festival do humor das dimensións que ten o Emhu, que é moi grande, con moitísimo talento enchendo teatros. Ten todo o sentido porque o humor en Galicia é algo máis que un chiste. O humor en Galicia é país, é unha maneira de vivir. Só é comparable co que pode pasar en sitios como Arxentina. O humor galego é, dalgunha maneira, superior. Haberá xente que lle guste máis outros, pero hai algo superior ao resto dos humores. Ten todo o sentido que haxa un festival tan brutal como é o Emhu. 

Roberto Vilar | “O humor en Galicia é máis que un chiste, o humor en Galicia é país, é unha maneira de vivir”

Te puede interesar