Sanidade despide aos MIR da área sanitaria da Coruña e Cee

Sanidade despide aos MIR da área sanitaria da Coruña e Cee
Foto de los médicos MIR

Hoxe venres tivo lugar o acto de despedida dunha nova promoción de residentes de atención hospitalaria e de atención primaria, que ao longo dos últimos catro anos, estivéronse formando nos distintos centros da Área Sanitaria da Coruña e Cee.

 

A estes 58 novos profesionais sanitarios que rematan hoxe a súa formación, hai que engadir os 20 residentes das disciplinas médicas de 5 anos de duración que remataron a súa residencia o pasado mes de maio e ás 22 enfermeiras.

 

No día de hoxe rematan a súa formación 36 especialistas de diversas disciplinas hospitalarias como alergoloxía, análises clínicos, anatomía patolóxica, anestesioloxía, aparato dixestivo, farmacia hospitalaria, hematoloxía, medicina preventiva, microbioloxía, nefroloxía, neumoloxía, neuroloxía, obstetricia e xinecoloxía, oftalmoloxía, otorrinolaringoloxía, pediatría, psicoloxía, psiquiatría, radioloxía, rehabilitación e  reumatoloxía.

A estes engádense os 22 especialistas en medicina familiar e comunitaria que se formaron nos centros de saúde da Área Sanitaria.

 

Luis Verde, xerente da Área Sanitaria de A Coruña e Cee, suliñou que “este día supón a vosa incorporación de pleno ao mundo laboral. Confiamos en que o fagades no sistema sanitario galego e que atopedes no mesmo resposta a todas vosas inquietudes profesionais”.

 

Todos eles recibiron os parabéns e os diplomas acreditativos que certifican o seu paso formativo polos distintos centros sanitarios da área sanitaria de A Coruña.

 

Na clausura de este acto, acompañaron a Luis Verde Remeseiro, Rosario López Rico, presidenta da Comisión de Docencia, e Nieves Domínguez, presidenta da Comisión de Docencia de Atención Primaria, ademáis de Pedro Marcos Rodríguez, director asistencial, e Concepción Blanco Sánchez, directora de atención Primaria.
 

Sanidade despide aos MIR da área sanitaria da Coruña e Cee

Te puede interesar