Cando resta menos de mes e medio do Ano Luísa Villalta, a Real Academia Galega (RAG) organiza esta semana o simposio 'Luísa Villalta. Mil son eu tan só, tan soa'. A xornada inaugural celebrouse onte na Fundación Barrié, que acolle estas xornadas até o xoves.
Eva Veiga foi a encargada do relatorio inaugural, ao que seguiu o de Paulino Pereiro, ambos introducidos por Margarita Ledo e Ana Romaní. O seguinte foi unha mesa reodnda, moderada por Marga do Val, coa participación de Chus Nogueira, Luciano Rodríguez e Rexina R. Vega. O último acto previsto era o protagonizado por Maribel Longueira.
Chus Pato, Estíbaliz Espinosa, Pilar García Negro, Miguel Anxo Fernán Vello ou Xurxo Souto serán algunhas das personalidades que pasarán este mércores e xoves pola Fundación Barrié para ser parte deste simposio.
A relación da música e da literatura, a ollada de xénero ou incluso a especulación serán algunhas das temáticas a abordar durante as tres xornadas, que tamén tratarán as formas utilizadas pola autora coruñesa nas súas obras.