Carteiro e delegado sindical, titulado en Traballo Social, o candidato da Marea Atlántica para as próximas eleccións, Xan Xove luce a súa cola de cabalo sen comprexos. “Xa a levaba antes de meterme en política”, asegura. En todo caso, fará falla algo mais para recuperar a ilusión .
(Ríe) A tope, ilusionado, porque creo que a Marea é imprescindible e insustituible.
Non é certo, están equivocados. Nunha xuntanza que tivemos dixeron unha palabra que me parece fermosa: singularidade. Nós somos unha anomalía. Non somos a sucursal dun partido estatal, temos a particularidade de ser un colectivo cidadá, aberto e plural, que sobrevive no entorno da Coruña. As nosas propostas non as recollería ningún tipo de organización política desta cidade.
A Marea mudou radicalmente esta cidade. Non só polas medidas que adoptou, que foron moitas e moi importantes, se non que mudou a cultura de participación na cidade.
Claro, parece que agora ninguén se lembra, pero cando chegou a Marea había touradas nesta cidade, o viaducto da ronda de Nelle, os orzamentos participactivos, duplicou o carril bici. Agora, con esta crise de mobilidade, vemos que unha mobilidade diferente non só é interesante, senon imprescindible. A Marea puso en marcha a renda social municipal, o debate sobre o porto....
Nós temos o mesmo discurso cando estamos na oposición que cando estamos gobernando. Eu creo que isto, conxuntamente con esta axenda política, nos fai imprescindibles. Levamos dous orzamentos apoiando ao PSOE pero non a calquera prezo, senon porque as nosas propostas seguen sendo imprescindibles.
Non foi o mesmo. Nós tivemos que chegar a unha moción de confianza. Por outro lado... De cal PSOE falas? Porque hai varias ramas que non se levan ben entre elas. Non quero profundizar niso pero o Goberno da Coruña... Cómo está! Brrrr!
O que fai e improvisar e gobernar a golpe de foto nun contexto peculiar: duro no social pero favorable para o Goberno da Coruña. Incluso cos orzmamentos excepcionais e o apoio constructivo da Marea, retrasa proxectos. Un exemplo de iso é o polideportivo de Castrillón. En vez de facer a xestión conxunta con San Diego, se fai unha chapuza para uns meses. Patada e a seguir.
A sensación da cidadanía é que hai un número de obras que se van a inaugurar xusto antes das eleccións, pequenas obras, pero as grandes seguen paralizadas.
Non. A proba é que hai moita xente sorprendida que os concelleiros non renoven. Hai un código ético que se está cumprindo: aquí ninguén viño para vivir da política, para estar vinte anos. A Marea Atlántica cumpre. Nós temos limitación de salario. Inés Rey, o primero que fixo, foi duplicarse o salario.
Sí, con total claridade. Inés Rey vive das nosas rendas O outro día abriuse o porto á cidadanía. É un proceso longo pero, qué fixo a Marea? Decir que outra cousa era posible. Cando gobernaba, falábase de abrir Calvo Sotelo e decíase que era imposible.
Eu crieime na Agra do Orzán. Alí ha un problema de aparcamento terrorífico. Hai que apostar definitivamente polo transporte público, pero habrá que buscar solucións a problemas concretos de aparcamento.
Haberá orzamento en 2023?
Hai unha especie de sensación de que como o 2023 é un ano electoral pois xa non teñe que haber orzamentos. Nos parece unha irresponsabilidade. Para nós, o interese político é secundario.
Centrará o mensaxe na vivenda?
A pesar que hai cousas mais urxentes nós ofrecemos o pack completo de gobernabilidade, pero as únicas vivendas públicas municipais, Xuxán e Pontejos, veñen da Marea. Cómo é posible?
Pero, qué resultado espera acadar? Cántos concelleiros?
Gañar, porque non podemos ter outra expectativa. Logo, a cidadanía nos colocará nun lugar ou noutro pero nós non temos unha axenda parcial. Ofrecemos experiencia no goberno, solvencia e propostas concretas. Non somos unha delegación que di catro ocorrencias.