Viggo Mortensen fala galego

O actor súmase á campaña "Aquí tamén se fala!", iniciada dende o instituto Rafael Dieste da Coruña
Viggo Mortensen fala galego
Viggo Mortensen, durante a sesión poética que protagonizou no Ágora da Coruña | Patricia G. Fraga

"Hola, soy Viggo Mortensen, y pienso que las lenguas son el tesoro de los pueblos, por iso hoxe en Galicia, onde estea, tamén falo galego". Así se expresa o popular actor Viggo Mortensen, apoiando a campaña "Aquí tamén se fala!", unha iniciativa cultural e de dinamización lingüística levada a cabo por mozos galegos.

 

 


Trátase dun proxecto que comezou no IES Rafael Dieste da Coruña e que xa se estendeu por centros de centros educativos de toda Galicia. 

 

"Queremos rachar cos prexuízos que pretenden dar unha imaxe distorsionada dunha suposta Galiza que non fala galego, ou de que no mundo da empresa non se usa, nin nos barrios, nin nas vilas", sinalan os seus promotores. Para iso, exercen de "técnicos de normalización lingüística", entrando en locais e poñendo cartaces para fomentar o uso galego, comprometéndose, a cambio, a facer unha foto do establecemento e levala ás redes sociais para publicitalo. 

 

Ademais, teñen en marcha seccións como "Mira quen fala", que estrea precisamente Viggo Mortensen, actor e poeta, que pon o seu grao de area falando en galego, ou "Aquí tamén se canta", que iniciou a poeta e música Lucía Aldao.

 

Viggo Mortensen fala galego

Te puede interesar