O Concello de Curtis ven de adxudicar as obras de rehabilitación de ampliación dunha edificación que se destinará para usos públicos no pobo de Curtis.
O importe de adxudicación das ditas obras ascende a 681.924,13 €.
A vivenda que data de 1923 a súa construcción e a parcela donde está ubicada de 15.775 m2, foi adquirida no ano 2023 a través do Fondo de Cooperación da Xunta de Galicia co obxectivo de rehabilitar e conservar o patrimonio existente en cada concello para usos públicos.
A edificación conta cunha tipoloxía indiana que se manterá coas obras de rehabilitación que se leven a cabo e unha vez rematada albergará algúns dos servizos públicos do Concello de Curtis.
Con esta nova inversión o goberno local continua co seu compromiso de recuperación do patrimonio, mellora da paisaxe e posta en valor do suelo urbano para dotación de equipamentos.