Amplían o prazo de presentación de obras ao Certame de Narración de Curtis

Amplían o prazo de presentación de obras ao Certame de Narración de Curtis
Lucía Aldao é a coordinadora do certame

O Concello de Curtis vén de anunciar a ampliación de prazo para a presentación de relatos do XVIII Certame de Narración Curtis. Os traballos poderanse presentar ata o 30 de xuño.
 
'Inventa un mundo, unha fantasía de certame!' é o título elexido para este certame convocado pola área de Educación e Cultura e que coordina a artista galega Lucía Aldao e co que se repartirán un total de 2,700 euros.
 
O concurso, que se leva celebrando dezasete anos vén a consolidarse como un dos certames literarios máis célebres da zona.
 
Os interesados en participar deben enviar a peza a relatoscurtis@gmail.com antes do 30 de xuño de 2023. O certame está dirixido a persoas de calquera procedencia a excepción dos premios locais, que estarán reservados a participantes vinculados co Concello de Curtis por nacemento, residencia, estudo ou relación laboral con empresas ou centros con sede física no termo municipal.
 
Os traballos presentados deberán estar escritos en lingua galega e os textos deberán ser orixinais, inéditos, e non premiados en ningún outro certame. Ademais deberán contar cunha extensión comprendida entre os 3.000 e os 5.000 caracteres (espazos incluídos).
 
Establécense dúas categorías: categoría A, de 12 a 17 anos, e categoría B, de 18 anos en diante, e tres premios en metálico para cada categoría.
 
Os que o desexen poden consultar as bases en http://www.curtis.gal/index.php/es/noticias/4574-o-concello-de-curtis-lanza-o-xviii-premio-de-narracion-curta-do-concello-de-curtis

Amplían o prazo de presentación de obras ao Certame de Narración de Curtis

Te puede interesar