A Deputación da Coruña publicou este xoves 19 de setembro, as bases da nova liña de axudas PEL (Plan de Emprego Local) para persoas autónomas con máis de cinco anos na actividade e residencia fiscal en municipios coruñeses de menos de 10.000 habitantes, dotada de 2,6 millóns de euros, indicaron desde la institución que preside Valentín González Formoso.
As axudas están deseñadas para cubrir parte das cotas dos autónomos que non dispoñan de bonificacións ou reducións nos pagos da Seguridade Social, que poderán solicitar un apoio mínimo de 1.200,00 euros (correspondentes a seis meses de cotas) e un máximo 2.400,00 euros (correspondentes a todo 2024).
Esta nova liña complementa ao programa PEL-Autónomos, que este ano xa concedeu axudas por importe doutros 2,3 millóns de euros a un total de 1.106 profesionais da provincia coruñesa con menos de cinco anos de actividade e sede social nun concello de menos de 20.000 habitantes.
O presidente provincial, Valentín González Formoso, subiñou “a importancia clave dos autónomos na economía e na creación de emprego na nosa comunidade”, un colectivo ao que pertencen máis de 205.000 persoas en Galicia.
“Por iso decidimos ampliar a liña de axudas a autónomos, que cada ano é unha das máis demandadas do PEL e crear tamén axudas para aqueles que teñen mais de cinco anos de actividade, atendendo así unha demanda dos propios colectivos de autónomos”, apuntou Formoso.
O presidente incidiu tamén en que as axudas van destinadas aos profesionais que exercen nos concellos de menor tamaño da provincia, co obxectivo de “favorecer o emprego e contribuír á fixación de poboación no rural, un dos obxectivos estratéxicos no presente mandato do Goberno da Deputación da Coruña”.
Ademáis, coa finalidade de reforzar o apoio ás empresas da provincia enmarcada nos sectores estratéxicos emerxentes, priorízanse tamén nestas axudas PEL aquelas iniciativas empresariais con actividades económicas enmarcadas en determinados sectores correspondentes a estatexias estatais e europeas.
Estas liñas de axudas a autónomos forman parte do Plan de Emprego Local ( PEL), unha aposta transversal do Goberno da Deputación á que se destinaron 106 millóns de euros nos últimos anos a través de diferentes axudas para contratar persoal, impulsar o emprendemento, apoiar o crecemento dos pequenos negocios e dos traballadores e traballadoras autónomos. Desde o seu inicio, o PEL permitiu a creación de 7.046 empregos nos sectores público e privado.
Por outra parte, continúan as actividades do Rede Coworking Fest, unha semana de eventos que se está a desenvolver en toda a provincia da Coruña. Esta actividade é unha iniciativa da Deputación, que busca fomentar a colaboración e o intercambio de coñecementos entre os espazos de traballo e emprendedores da provincia.
A programación inclúe unha variedade de eventos, cursos, actividades e xornadas de portas abertas en todos os espazos da Rede Provincial de Espazos de Traballo, orientados a apoiar o desenvolvemento profesional e empresarial dos seus participantes.
O Rede Coworking Fest continúa ao longo da semana, ofrecendo máis oportunidades para que emprendedores e profesionais amplíen as súas habilidades e conecten cunha comunidade dinámica de traballo.
Para obter información detallada sobre a programación completa e os próximos eventos, recoméndase visitar o sitio web oficial da Deputación da Coruña ou seguir os seus canais de comunicación. Deste xeito, reafirma o seu compromiso co apoio ao tecido empresarial e ao emprendemento a través de iniciativas como o Rede Coworking Fest.