O alcalde de Curtis, Javier Caínzos e o portavoz municipal e segundo tenente de alcalde, Iván Maques, mantiveron hoxe unha reunión coa Subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e co Coronel da Comandancia da Garda Civil, Fernando Pedreira. O encontro tivo como obxectivo analizar os múltiples roubos producidos no ano 2024 e principios de 2025 que están afectando ao municipio.
Durante a reunión, as autoridades locais trasladaron á Subdelegada e ao Coronel o número de roubos sufridos nos últimos meses e que provocaron unha alarma e inseguridade na cidadanía ademais do malestar habitual que provocan estas situacións.
Os representantes municipais solicitáronlle que se visibilicen as medidas e accións levadas a cabo polos corpos e forzas de seguridade do Estado para que se coñezan na cidadanía e que lles garanta tranquilidade e seguridade.
A subdelegada e coronel informaron aos representantes municipais das accións levadas nos últimos días supoñendo un avance xa que informaron que algún dos últimos detidos foron participantes en roubos no municipio e están a espera de que se poñan a disposición xudicial.