A campaña da Xunta "Galicia sabe Amar" chega ao CEIP Gonzalo Torrente Ballester de Cambre

A campaña da Xunta "Galicia sabe Amar" chega ao CEIP Gonzalo Torrente Ballester de Cambre

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou hoxe a foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR que se achegou ao CEIP Gonzalo Torrente Ballester en Sigrás onde enxalzou os produtos das rías galegas e instou a que sexan parte dunha dieta saudable e equilibrada que elevará a calidade de vida dos seus consumidores. A delegada da Xunta sinalou  que esta iniciativa reforza o apoio do Goberno galego á promoción e á posta en valor da calidade dos produtos da costa galega. Os alumnos de infantil e primaria visitaron a foodtruck ao longo da xornada organizados en varias quendas.

 

Campau00f1a Galicia Sabe Amar

 

A delegada lembrou que hai catro furgonetas percorrendo o territorio galego para promocionar a dieta atlántica. No marco desta iniciativa elabóranse un total de 13 receitas nas que o principal ingrediente é o produto local, dende o bonito do norte, o mexillón de Galicia ou o berberecho de Noia. En definitiva, os peixes e mariscos amparados polo selo de calidade pescadeRías.

 

Esta acción, cuxa primeira edición tivo lugar no 2021, percorre os núcleos de máis de 1.000 habitantes e está presente en eventos deportivos, culturais, festas gastronómicas ou centros de ensino, ata outubro do 2025, realizando un total de 1.400 degustacións. O obxectivo é chegar tanto a maiores como á mocidade, na súa calidade de consumidores do mañá, promocionando as propiedades gastronómicas dos alimentos mariños e inculcando hábitos alimenticios saudables. 

 

Deste xeito, a iniciativa continúa renovándose co compromiso de por en valor a importancia socioeconómica do sector, a través da xestión sostible dos recursos e de garantir a trazabilidade e a seguridade alimentaria. A representante do Goberno autonómico resaltou que o peixe, marisco e conservas son unhas fontes excepcionais de proteína cun importante impacto positivo na saúde da cidadanía. Ademais, recordou o peso da cadea mar-industria na economía de Galicia na que traballan ao redor de 50.000 persoas da comunidade e que representa entorno ao 5% do PIB autonómico.

A campaña da Xunta "Galicia sabe Amar" chega ao CEIP Gonzalo Torrente Ballester de Cambre

Te puede interesar