Oito agrupacións participarán en Cambre nunha foliada polo Día das Letras Galegas

Oito agrupacións participarán en Cambre nunha foliada polo Día das Letras Galegas

Cambre celebrará o Día das Letras Galegas cunha foliada na que participarán oito agrupacións culturais e folclóricas de todo o municipio. A cita será o propio mércores, 17 de maio, ás 17.00 horas, no Parque da Igrexa de Cambre.

 

En concreto, na cita musical tomarán parte as seguintes agrupacións: Asociación Cultural Amarabela; Asociación Cultural Santa María do Temple Avelaíñas; Asociación Cultural de Música Tradicional A Randeira; Asociación Cultural e Deportiva Garrulaxe; Asociación Recreativa Cultural Aires de Sigrás, Asociación Cultural Os Larpeiros de Altamira; Escola de Música As Mariñas de Cambre e o Grupo Folclórico Xermolar. 

Oito agrupacións participarán en Cambre nunha foliada polo Día das Letras Galegas

Te puede interesar