O Concello e a hostalaría compostelana avanzan na creación dunha mesa de diálogo

A previsión é que este novo órgano estea en funcionamento antes do verán
O Concello e a hostalaría compostelana avanzan na creación dunha mesa de diálogo
Momento da xuntanza entre o Goberno local e asociacións | CONCELLO

O Concello de Santiago reuniuse hoxe con representantes de Hostelería Compostela, Hostalaría.gal e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas da capital galega.


Na xuntanza, a rexedora municipal, Goretti Sanmartín, presentou aos voceiros do sector a proposta para crear unha mesa de diálogo entre ambas partes.

 

 


Segundo na reunión se lles trasladou as “regras de uso e de funcionamento, así como as entidades e persoas con representación” que terá este novo órgano.


Agora, haberá un prazo de 15 días para que as entidades implicadas lle dean o seu visto bo.

 

Despois, deberá pasar pola Comisión informativa e ser aprobado polo pleno municipal para que finalmente poida constituírse de xeito oficial.


Pola súa parte, o sector da hostalaría valora positivamente estes avances.

 

Consideran que as decisións que lles afecten deben ser consensuadas con eles, razón pola que se amosan satisfeitos co achegamento de posturas.


Ademais, o encontro permitiu tratar outros asuntos relacionados coa súa actividade, como o balance da campaña ‘Fala Baixiño’.


A este respecto, Sanmartín destacou a súa boa acollida e subliñou o “bo funcionamento” e o “totalmente seguro” que é este sector en Compostela

O Concello e a hostalaría compostelana avanzan na creación dunha mesa de diálogo

Te puede interesar