Esta é a maneira que ten Compostela de celebrar o 8-M

Ao longo da mañá procederase á lectura colectiva dun manifesto e, posteriormente, á entrega do Premio Xohana Torres
Esta é a maneira que ten Compostela de celebrar o 8-M
Cerimonia de entrega do premio na edición pasada | CONCELLO DE SANTIAGO

O Concello de Santiago conmemora o Día Internacional da Muller cun acto institucional que consistirá na lectura colectiva dun manifesto para amosar a firme postura de Compostela en favor da igualdade.


Continúa, así, a programación municipal para celebrar o 8 de marzo, a cal deu comezo coa cerimonia de Mulleres de Compostela 2024.


Esta tivo lugar onte no Auditorio de Galicia, e recoñeceu a traxectoria de varias santiaguesas referentes no seu eido.

 

Premio Xohana Torres


Hoxe, no propio 8-M, procederase á resolución e a entrega do Premio Xohana Torres de 2023.

 

Concretamente, será no Pazo de Raxoi ao remate da lectura do manifesto.


Este galardón distingue ao mellor ensaio, investigación ou creación audiovisual que, desde unha perspectiva feminista, aborda o papel das mulleres na sociedade galega.


O premio, dotado con 2.500 euros, recollerá o testemuño de Rosalía Quiroga, a gañadora da pasada convocatoria.


A revelación do traballo premiado suporá, ao mesmo tempo, a apertura do prazo para presentar as candidaturas á edición deste ano.


Así, desde esta mañá e ata o 30 de decembro, pode concorrer a ela calquera persoa ou grupo interesado en participar.

Esta é a maneira que ten Compostela de celebrar o 8-M

Te puede interesar