Fondo pesar en Culleredo por Antonio Justo, un dos fundadores da Agrupación de Protección Civil

Fondo pesar en Culleredo por Antonio Justo, un dos fundadores da Agrupación de Protección Civil
Antonio Justo Domínguez

O Concello de Culleredo amosa o seu fondo pesar polo falecemento, no día de hoxe aos 67 anos de idade, de José Antonio Justo Domínguez, traballador do Servizo Municipal de Emerxencias ata o ano pasado e un dos fundadores da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.


 

No ano 2000, foi unhas persoas que conformou a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, rexistrada co número 1 na Xunta de Galicia, sendo responsable das campañas contra lumes forestais do Concello de Culleredo ata o 2008. Desde ese ano e ata 2015 desempeña a xefatura de dita agrupación.


 

No 2008 ingresa no Servizo Municipal de Emerxencias, no que desenvolve as súas funcións ata a súa xubilación, en abril de 2024. 


 

O Concello de Culleredo destaca o gran traballo que desenvolveu Antonio nun servizo público esencial de seguridade e asistencia á cidadanía, atendendo incidencias de todo tipo cunha enorme dedicación.


 

O Goberno local transmite as súas condolencias e ánimos á familia e persoas achegadas en nome da cidadanía de Culleredo.

Fondo pesar en Culleredo por Antonio Justo, un dos fundadores da Agrupación de Protección Civil

Te puede interesar