O Consello da Cultura Galega pon en marcha o “Foro participativo: un país coa súa lingua”

O Consello da Cultura Galega pon en marcha o “Foro participativo: un país coa súa lingua”

“Foro participativo: un país coa súa lingua” é o título do proceso que o Consello da cultura Galega (CCG) pon en marcha co obxectivo de ofrecer medidas concretas e prioritarias para avanzar na recuperación do vigor do galego. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; a vicepresidenta e coordinadora deste foro, Dolores Vilavedra; e o coordinador do Observatorio da Cultura Galega, Hakan Casares, explicaron esta iniciativa que aposta por un modelo áxil de seis mesas sectoriais, que busca resultados que poidan ser medibles a curto e medio prazo e que parte dos aspectos positivos do idioma que xa están a funcionar. O proceso rematará en novembro coa presentación do documento final. Ademais, presentouse un novo informe que completa a diagnose sobre a situación do galego. O estudo asegura que en Galicia se evidencia un patrón de perda interxeracional na competencia do idioma que é contrario ao que se observa no resto das comunidades autónomas con linguas cooficiais.

 

“Non é o momento de demorarnos na historia do declive, consideramos que as cifras que están sobre a mesa son o suficientemente claras e demandan outro tipo de actuacións” explicou Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega na rolda de prensa de presentación deste Foro participativo. No marco da función asesora, que a institución ten consignada en cumprimento do seu mandato fundacional, a presidenta apuntou que se opta por un foro participativo, metodoloxía xa empregada con éxito en experiencias anteriores (Foro Patrimonio e Sociedade e no Foro identidades e disidencias sexuais), que posibilita unha ampla participación social que permite ofrecer medidas propositivas con amplo consenso. “É unha estratexia complementaria, focalizada nos aspectos máis urxentes e cunha estrutura áxil para poder sumarse ás diferentes accións que se desenvolvan dende outras entidades” apuntou a presidenta

O Consello da Cultura Galega pon en marcha o “Foro participativo: un país coa súa lingua”

Te puede interesar