Jorquera apela ao voto para "que Galiza conte e pese na política estatal"

Jorquera apela ao voto para "que Galiza conte e pese na política estatal"
Francisco Jorquera vota na Coruña / Patricia G. Fraga

O voceiro do BNG no concello da Coruña, Francisco Jorquera, votou este domingo na cidade facendo un chamamento a exercer o sufraxio para "que Galiza conte e pese na política estatal e para que os intereses dos galegos sexan atendidos".

 

O líder nacionalista coruñés sinalou a importancia destas eleccións xerais e fixo fincapé en que "o dereito a voto é unha ferramenta esencial que temos os cidadáns para defender os dereitos sociais e democráticos acadados e evitar calquera retroceso".

 

Por iso Jorquera fixo un chamamento á participación dos cidadáns coruñeses e galegos.

 

Jorquera apela ao voto para "que Galiza conte e pese na política estatal"

Te puede interesar