Manuel Lago, seguro de que "Sumar Galicia vai ter representación na Coruña"

Manuel Lago, seguro de que "Sumar Galicia vai ter representación na Coruña"
Manuel Lago vota en A Coruña / Javier Alborés

O número 2 da candidatura de Sumar Galicia pola Coruña, Manuel Lago, exerceu o seu dereito a voto na cidade coruñesa na mañá desde domingo. "Eu son do máis optimista", sinalou o aspirante do partido que lidera Yolanda Díaz, quen sinalou que "está habendo un proceso de mobilización intenso da cidadanía e iso vai supoñer que esta vote defendendo os seus dereitos como traballadores, mulleres, pensionistas...".

 

É por iso que Lago se amosa seguro de que "Sumar Galicia vai ter representación na Coruña". "Eu creo que o resultado vai ser positivo", sinala, para explicar que este representante "vai ser unha contribución decisiva para que no Estado existan máis deputados de esquerda e así dar continuidade a un goberno de progreso que traballa a favor da maioría social".

 

O candidato coruñés animou os cidadáns a "votar para consolidar esas posicións progresistas".

Manuel Lago, seguro de que "Sumar Galicia vai ter representación na Coruña"

Te puede interesar