Alumnado de Ourense e Santiago gaña o X Certame Literario de Viaqua

Alumnado de Ourense e Santiago gaña o X Certame Literario de Viaqua

Alumnado de colexios de Ourense e Santiago son os premiados no X Certame Literario ‘Relatos de auga intelixente’ de Viaqua. Dirixido ao alumnado de entre 12 e 17 anos de centros educativos das localidades nas que a empresa xestiona o servizo.


“Esta edición foi moi especial xa que se cumpren dez anos dende que puxemos en marcha este certame co obxectivo de concienciar ás novas xeracións sobre o necesaria que é a auga no noso día a día e a importancia de coidar dun ben esencial e cada vez máis escaso”- declara a responsable de Comunicación, Sonia Delpont.
 

Ao longo das dez edicións participaron preto de 4.000 estudantes, contando nesta última convocatoria con 289 relatos, demostrando o interese das novas xeracións en aunar literatura e o coidado do medio ambiente.
 

Os gañadores e gañadoras desta edición son escolares dos colexios Divina Pastora e Padre Feijoo Zorelle de Ourense e dos institutos Antonio Fraguas e Lamas de Abade de Santiago de Compostela.
 

A temática dos relatos foi "Un día sen agua: como sería un día no que a auga non estivese dispoñible no teu municipio”. O alumnado expresou a súa visión sobre como vivirían un episodio deste tipo e recapacitar sobre a importancia que ten a auga en todas as accións que realizamos ao longo do día. “O obxectivo era concienciar sobre a cantidade de auga que consumimos de xeito inconsciente, modificar os nosos hábitos de consumo e mudar a visión que temos da auga como un recurso infinito.” - destaca Sonia Delpont. O alumnado podía presentar as súas obras en dúas categorías: curto clásico ou curto creativo, non superando as 200 palabras. O relato curto creativo era de formato aberto, recibindo varias propostas en forma de poemas, cancións, cómics ou vídeo-relatos.
 

O xurado, que seleccionou as propostas gañadoras pola adecuación dos traballos ás bases do concurso, así como pola calidade e creatividade das propostas presentadas, estivo composto por profesionais do mundo literario e da auga: Carlos Taboada, escritor e ilustrador en Polo Correo do Vento; Susana Fernández, técnica do Departamento de Explotación de Augas de Galicia; Teresa Abalde, xurídica de Viaqua e Carla Míguez, profesora da Universidade de Vigo.
 

Próximamente celebrarase un acto de entrega de premios especial pola décima edición do certame onde Viaqua entregará un total de 19 premios. Valorados en máis de 1.500€, se repartirán en “vales” por 150 euros (1º premio), 75 euros (2º premio) e 50 euros (3º premio), para trocar no comercio local, tanto en produtos deportivos, de papelería ou libraría e/o tecnolóxicos. Ademais, o centro educativo que presentou un maior número de relatos de calidade recibirá un lote de libros relacionados coa temática auga e medio ambiente.
 

Os gañadores e relatos premiados pódense consultar na web de Viaqua

Alumnado de Ourense e Santiago gaña o X Certame Literario de Viaqua

Te puede interesar