A Fundación Barrié convocou un total de dezaséis bolsas para poder levar a cabo estudos de posgraduado no estranxeiro.
En concreto, se trata de dez bolsas para estudos de máster en centros de todo o mundo e seis bolsas para a realización de programas de doutoramento –catro bolsas– e postdoutoramento –dúas bolsas– ofertadas dentro da área de coñecemento de Ciencias da Vida ofrecidos pola Louisiana State University Health Sciences Center, Shreveport.
Segundo informou a entidade sociocultural, os candidatos e as candidatas seleccionadas para desfrutar das bolsas de estudos estranxeiros accederán ao programa que resulte ser do seu interese sen que haxa necesidade de participar no proceso de selección da universidade.
Ademais, os alumnos recibirán o apoio económico que resulte necesario ata completar o programa. A partir de agora, queda aberto o prazo de presentación de solicitudes dos interesados en participar no programa de formación das diferentes convocatorias no marco do seu Programa de Bolsas de Posgraduado no Estranxeiro, que ten as súas orixes no ano 1990, mostra do seu éxito entre o alumnado.
Como en edicións anteriores, a Fundación Barrié sinalou que o programa ten como obxectivo principal facilitar o acceso á mellor formación de posgraduado; proporcionar experiencias nunha contorna internacional e fomentar as relacións académicas e profesionais de titulados universitarios que estean vinculados a Galicia.