O conselleiro delegado de MásOrange, Meinrad Spenger, e o director de R, e Alfredo Ramos, mantiveron este mércores un encontro co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no que ratificaron o compromiso da compañía con Galicia e a súa aposta por contribuir a seu desenvolvemento socioeconómico e tecnolóxico.
Este compromiso concrétase nos máis de 2.300 millóns de euros de investimento ao longo da traxectoria de Orange, Masmovil e a súa filial R en Galicia.
"A dixitalización de fogares e empresas e o investimento en Galicia seguen a ser os principais alicerces da compañía galega R e do grupo MasOrange para situar a comunidade ao nivel das rexións máis avanzadas do mundo", explicou MásOrangeao presidente Rueda.
Con este obxectivo, MásOrange/R investirá máis de 200 millóns de euros nos vindeiros tres anos en Galicia para seguir impulsando o seu desenvolvemento económico e tecnolóxico. A día de hoxe o grupo emprega de forma directa e indirecta máis de 4.000 persoas na rexión e conta con preto de 180 puntos de venda en Galicia.
Pola súa banda, R da emprego na actualidade a 1.500 persoas, entre postos de traballo directos e indirectos, e segue apostando polos puntos de venda propios e de distribuidores no territorio que, en total alcanzan xa, actualmente, a cifra de 130 (50 tendas exclusivas de R e 80 puntos de venda autorizados).
As marcas do grupo MásOrange en Galicia son, segundo a compañía, a primeira opción para os clientes galegos e contan no territorio con preto de 1,9 millóns de liñas.
"O grupo MásOrange é a referencia canto a experiencia de usuario e conta cos clientes máis satisfeitos do mercado galego", afirman. Ademais, R "segue a rexistrar un bo desempeño comercial" e experimentou un incremento de clientes de case que o 19 % con respecto ao exercicio anterior.
Este avance operativo, tanto entre particulares como en empresas, tivo tamén o seu reflexo nos ingresos, que medran interanualmente un 4,3%. Ademais, no primeiro trimestre de 2024, R acadou os mellores índices de satisfacción de cliente dos últimos cinco anos (8 sobre 10 fronte ao anterior 7,1 sobre 10), diminuíu nun 28 % o número de incidencias e mellorou tamén a recomendación de R por usuarios dos seus servizos de telecomunicacións (índice de +20).
R reivindócase como a "opción preferida" por fogares e negocios na comunidade e o operador con "maior cobertura de banda larga do territorio". Na actualidade, R, filial de MásOrange , chega con fibra óptica FTTH a máis de 1,6 millóns de fogares e negocios no total dos 314 municipios galegos, o que supón ofrecerlle cobertura de fibra a case que o 100% da poboación.
Ademais, no primeiro trimestre de 2024 a pegada de fibra óptica de R seguiu aumentando grazas ao acordo co provedor autóctono de fibra Rede Aberta, que permitirá cubrir aproximadamente 70.000 novos inmobles conectándoos á infraestrutura do operador galego, e levar a alta velocidade coa fibra máis rápida a recunchos de Galicia en núcleos rurais duns 110 municipios do territorio.
Por outra banda, o 90% da poboación galega dispón de cobertura 5G de R e de MásOrange e está preparada para facer uso dela. O grupo adxudicouse, ademais, máis de 52 millóns de euros do plan Único 5G Rural, destinado a reducir de novo a fenda dixital na comunidade.
Así, MásOrange adxudicouse o 98% do orzamento deste plan para Galicia, o que lle vai permitir liderar o 5G en Galicia no ámbito rural. Ademais, R conta co servizo ‘Internet rural’ dende 2022, co que se converte así no "primeiro operador que dota clientes sen fibra en Galicia dunha solución 5G converxente fixo e móbil".
Na actualidade son 224 os concellos galegos que dispoñen da solución internet rural con 5G de R. Grazas a isto, aldeas do rural gozarán dos servizos de internet de R do mesmo xeito que as capitais de provincia do territorio.
Ao mesmo tempo, no marco do Plan Nacional 5G de Red.es, MásOrange está a desenvolver en Galicia 14 pilotos 5G ou casos de uso de novos produtos e servizos en sectores estratéxicos (Industria, Turismo, Sanidade, Educación e Agricultura). O grupo é pioneiro, tamén, na despregadura de fibra óptica en centros históricos como o de Santiago de Compostela.