Sanidade alerta de que este ano a gripe adiantarase e terá sintomatoloxía “complicada”

Comeza a segunda fase do ensaio clínico para probar a eficacia da vacina de alta carga en 70.000 cidadáns
Sanidade alerta de que este ano a gripe adiantarase e terá sintomatoloxía “complicada”
Unha persoa maior recibe unha vacina contra a gripe | Aec

A tempada da gripe adiantarase posiblemente a finais do mes de decembro e a sintomatoloxía que pode chegar a producir nas persoas afectadas será “complicada”.


Así o explicaron este mércores responsables da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e, en concreto, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, foi moi clara ao afirmar: “Ollo coa gripe este ano”.


O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Camaño; a directora xeral de Saúde Pública e o doutor Federico Martinón ofreceron unha rolda de prensa para informar do inicio da segunda fase do ensaio clínico GalFlu para probar a eficacia da vacina de alta carga contra a gripe en 70.000 cidadáns de 65 a 79 anos.


Foi o doutor Martinón, responsable deste ensaio clínico, o que advertiu sobre a tempada de gripe de que “as noticias que veñen do hemisferio sur non son boas”, aínda que matizou que “non son garante do que vai pasar este ano” en Galicia. 

 

Durán Parrondo, pola súa banda, dixo que se se cumpren as previsións do sucedido no hemisferio sur “a gripe este ano vaise a adiantar, posiblemente a finais do mes de decembro, e vai ter unha sintomatoloxía complicada”.

 

Máis inmunización


Precisou, con todo, que nos países do hemisferio sur a porcentaxe de vacinación contra a gripe é moi inferior a existente en Galicia e en países do hemisferio norte. 

 

Respecto ao comezo da segunda fase do ensaio clínico GalFlu, o conselleiro explicou que esta vez probarase a eficacia da vacina de alta carga contra a gripe en 70.000 galegos de 65 a 79 anos, coincidindo co inicio da vacinación fronte á gripe e a covid nos grandes recintos. 


Gómez Caamaño aproveitou para facer un chamamento á poboación a que se vacine fronte a ambas as infeccións virais. 

Sanidade alerta de que este ano a gripe adiantarase e terá sintomatoloxía “complicada”

Te puede interesar