A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración lanzou a convocatoria, dotada con 3,9 millóns de euros, para impulsar a dixitalización, a innovación e a sustentabilidade do comercio retallista e dos talleres artesanais da comunidade.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta convocatoria que unifica por primeira vez estas tres liñas de apoios e ten como obxectivo acadar unha simplificación administrativa e a procura da axilización dos trámites.
A convocatoria contempla tres liñas de axudas –compatibles entre si–, orientadas a: a dixitalización do punto de venda, a mellora da imaxe e a eficiencia enerxética do local e, como novidade, o uso de embalaxes sostibles.
O prazo de presentación de solicitudes comezou o26 de febreiro e prolongarase durante un mes, ata o 26 de marzo de 2025. Ademais, increméntase a intensidade das axudas ata o 80%.
A primeira das liñas de apoio contempladas, de dixitalización e innovación comercial, inclúe actuacións como a implantación e o mantemento de páxinas web, ferramentas de posicionamento dixital, terminais de autopago, xestión de redes sociais ou loxística e-commerce (comercio electrónico), entre outras.
A contía máxima de axudas neste apartado é de 35.000 euros. En canto á liña de modernización comercial, están cubertas as obras de acondicionamento e reforma da superficie de exposición e venda, o que inclúe a compra de mobiliario auxiliar; custos de servizos profesionais para a redacción de proxectos de interiorismo e decoración, así como accións encamiñadas á mellora da eficiencia enerxética.
Se contemplan tres liñas de axuda, compatibles entre sí, que buscan a simplificación dos trámites
Tamén contempla a adquisición de maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar relacionado coa actividade comercial e artesanal. Neste caso, as axudas poden chegar aos 19.400 euros.
Por último, na liña destinada á sustentabilidade ambiental, considéranse subvencionables as actuacións dirixidas á redución das cantidades de embalaxe mediante a adaptación do seu tamaño á dimensión dos produtos, con investimentos en caixas de tarxeta ou bolsas de papel 100% reciclables, recheos para embalaxe, bolsas de tea de algodón, liño ou cáñamos 100%.Neste caso, o investimento máximo subvencionable é de 2.500 euros e a axuda máxima outorgada será de 2.000 euros.
A orde publicada no DOG enmárcase dentro do plan estratéxico do comercio 2025-2030, que estará finalizado no primeiro trimestre deste presente ano, segundo informou o Goberno autonómico.