Das tormentas perfectas

Ede súpeto volveu o ruído. Non foi só o estoupido dunha primavera de sol e de horizontes que acabou coa tristeza dun inverno longo. Non foi só a invasión rusa que insiste e persevera na barbarie, era como se todo a un tempo decidira poñerse en movemento sen orde nin concerto. Francia asomouse ao abismo da ultradereita en ascenso, e en España cogobernan nunha autonomía, sendo por definición antiautonómicos. Máis alá das incongruencias e das incoherencias acumuladas en diversas materias, incrementan presenza entre o mundo dos traballadores, tradicionalmente lonxe deses postulados, e das clases medias tradicionalmente moderadas.


Quizás o sumatorio de ruídos e polémicas, o descrédito derivado da conflitividade política, máis a suma de males, crises e pandemias acumuladas, crearon a tormenta perfecta para pechar o círculo do ascenso dos radicais en toda Europa. E chegaron incrementando ese ruído, as espionaxes, as esixencias independentistas, as ameazas veladas de rupturas, a sospeita xeneralizada da espionaxe marroquí e a hipotética pobreza absoluta dos comisionistas enriquecidos coa pandemia. Hai teorías que afirman que hai unha orde, evidentemente diferente, que pode explicar o caos. Articulados no magma primixenio da desconfianza pola distancia inmensa dos puntos de partida, algúns grupos políticos sucumben á incerteza, incrementaron o sentimento de agravio e multiplicaron os niveis do desencanto poñendo en risco gobernabilidades e plantexamentos globais de país e de Estado. Tralo ruído, deberan amencer tempos novos de oportunidade, onde estudiar estratexias diferentes que pasen a ocupar os espazos viciados das disputas de patio de colexio. A distorsión da realidade, buscada ou provocada, impide ver o bosque das necesidades dunha sociedade que, por riba de todo, precisa de unidade e apostas serias por garantir un futuro en mellores condicións, evidentemente, pero tamén un presente con serenidade e esixencia.


Non teño máis horizonte que sentirte -dixo El- acaso coma murmurio dun silencio de árbores ou doela no arco do teus ollos...

Das tormentas perfectas

Te puede interesar