Dos finais

Todo ten o seu tempo é unha lapidaria e sabia frase do Eclesiastés, que implica que hai unha certa orde que prefigura as cousas e que nada ten a condición de eternidade. 
 

Os finais deixan sempre a sensación agridoce de que algo chegou ao seu remate, ao seu límite temporal e ten que pasar a unha situación diferente. Ocorre cos grandes acontecementos, como o vivido en España nestes días, onde o cumprimento de obxectivos e a definición dos novos plans estratéxicos, así como a posta en valor do papel xogado polo Goberno de España en tales éxitos, marcou un final de altura para esta histórica xuntanza. 
 

Pero hai outros tempos que afectan a acontecementos moito menos multitudinarios e mediáticos; que suceden en escenarios máis humildes, pero que están marcados por unha grande afectividade ao levar aparellada a ruptura da relacións interpersoais fraguadas ao longo do tempo compartido. 
Os finais implican, sen dramatismos excesivos, desgarros emocionais. Un certo degusto amargo queda nos sentidos cando xa en soidade, apagamos as luces da festa de despedida e desaparecen os cánticos e os risos. Hai unha mudanza de hábitos e rutinas e un certo distanciamento que, inevitablemente, irá sendo maior a medida que vaia pasando o tempo.
 

É certo que estamos feitos de memorias, que todo sigue existindo mentres sigamos alimentando a emoción de sabernos e de sentirnos. Pero somos conscientes dos cambios que implican os finais das vidas laborais e da sensación de ter que comezar de novo tanto tempo despois. Sorprende a cantidade de vidas que acumulamos na nosa vida. Tan só falta un desencadeante propicio, esa man de neve que saiba arrincalas, que dicía Bécquer, e o que estaba durmido esperta. Sabemos amigxs que os finais, sempre trouxeron consigo novos inicios.
 

Vivimos na emoción de descubrirnos prescindibles -dixo El- de sentirnos presente e nostalxia ao mesmo tempo. De ser sempre amor e sempre ausencia.

Dos finais

Te puede interesar