Dos incendios diversos

O dos incendios é un dos desastres recorrentes que teñen o mal de Santa Bárbara, é dicir que nos lembramos deles cando os montes arden coma piras infernais e destrúen casas e pobos. Pero non antes. Nunca se planifica nin con acerto, nin con criterio. Sempre son unhas infraestruturas insuficientes e nunca deseñadas con carácter integral, atendendo á protección do medio, á limpeza e coidado dos montes e a substitución de especies por árbores autóctonas que aportan un certo efecto barreira contra o lume. Pero hai incendios diversos. 
 

Algúns moi virulentos e perigosos, como os que buscan incendiar os ánimos da sociedade, queimar calquera tipo de esperanza e provocar a activación de focos que, xa de por si, arden con facilidade. Núñez Feijoo sempre procura aplicarse con esmero nestas tarefas de espallar o medo e sementar desesperanza. Insiste en non poñerse ao lado da sociedade que precisa de axuda, pero non lle treme o pulso en defender aos bancos e ás eléctricas. Incluso fala con naturalidade -asume e proclama a ameaza- de que os bancos subirán hipotecas e comisións para repercutir o imposto sobre o exceso do beneficio, aos cidadáns. 

 

Debera ter sido a propia Banca, a que fora salvada por toda a sociedade, a que pedira participar na axuda de todos nestes tempos de crise. 
 

Pero Feijoo ten o don de estar con aqueles que sempre reciben beneficios, e nunca se equivoca de bando. Por certo que da xestións dos incendios en Galicia nos últimos anos, tanto das carencias como da deficiente previsión, Feijoo ten a total responsabilidade. Pero fala como se estivera limpo de po e de palla.  Vende discursos que non son reais, pero que unha parte da sociedade lle compra . Sabemos que hai incendios que non se queren ver, e cando se lles presta atención, é demasiado tarde.
 

Compartimos memoria conmovida e gratitude -dixo El- temos o patrimonio da nostalxia e da grandeza sinxela de sentirnos...

Dos incendios diversos

Te puede interesar