O ministerio de Shakira

Asesión plenaria do Concello da Coruña do pasado xoves come-zou con doce minutos de silencio. Un por cada muller asasinada en crimes de carácter machista desde que se celebrou o anterior Pleno. A violencia de xénero existe. É un problema gravísimo, que vén de experimentar un pico nas últimas semanas. Así o expresou antes dese acto simbólico a alcaldesa, nun ton moi serio, como correspondía. Malia ser inimaxinable, que pensarían se Inés Rey en vez diso fixera un chistecito? Suporía un escándalo maiúsculo. Pois algo semellante aconteceu un par de días antes, a cargo da, nada menos, Secretaria de Estado de Igualdade, que nun acto su-postamente feminista do seu partido, Podemos, tomou a risa a li-beración de condenados por violencia de xénero, dentro das, por agora, máis de 150 revisións xudiciais á baixa causadas pola cha-puza da Lei do Si é Si. Festa.  Unha vez saltou a polémica, a protagonista -Pam Rodríguez- non só non pediu perdón ou dimitiu, senón que acusou a todo o mundo de contar bulos e de ser uns machistas. Agora resulta que mofar-se das vítimas tamén é feminismo. En realidade, para esta secta con base nun chalé de Galapagar (convertida en gran problema para a esquerda), todo é machismo menos o que fagan eles. To-dos somos ultra-dereita. A pesar de que as críticas chegaron de todo o arco parlamentario, de todos os feminismos, nin se inmu-tan, aproveitándose da súa posición de poder, unha actitude máis propia dun sátrapa bananero que daquelas que viñan rexenerar a democracia.  O ministerio de Igualdade naceu co primeiro Goberno de Rodrí-guez Zapatero, hai xa case dúas décadas. Da man do feminismo maioritario, o da xente común, conseguíu avances históricos, ata chegar ao desastre de hoxe, cando Irene Montero e as súas se-cuaces convertérono nun disparate, un grupo ás veces cuqui ata a náusea, noutras sectario e afastado de calquera consenso míni-mo, sempre respondendo aos intereses persoais das activistas que o integran, por riba dos da sociedade.


Os centos de mulleres que perderon a vida por violencia machista, os milleiros que viven con medo, merecen outra cousa. Non ese ministerio da burbulla, teimudo á hora de querer enfrentar á xente, sempre aberto a calquera idea anti-científica, abonado ao pensa-mento máxico e que converte un asunto tan urxente como a igual-dade entre homes e mulleres nun simple manual de bos costu-mes, ás veces cun imaxinario máis propio de Pilar Primo de Rivera que do progresismo do século XXI.


Se do que se trata é de tomalo todo a cachondeo, bailar “empode-radas”, ir de influencer e meterse na vida íntima das persoas, case mellor que lle dean o ministerio a Shakira, que está de moda e é máis creativa que as Irenes e Pams que agora o ocupan. Pero non se trata diso. Senón dun asunto moi serio. Aquí non hai un Piqué. É a seguridade de moitas mulleres e o obxectivo da igualdade o que está en xogo. Cousa seria.

 

O ministerio de Shakira

Te puede interesar