O Partido Socialista de Galicia abriu unha nova etapa en Galicia con Valentín González Formoso á fronte, con vocación integradora, con vocación de contar cos mellores equipos, para que o PSOE recupere o lugar que lle corresponde. A provincia da Coruña apostou por este mesmo modelo con Bernardo Fernández como secretario provincial, e esta fin de semana foi alcaldesa da Coruña, Inés Rey a que recibía o apoio maioritario da agrupación coruñesa como secretaria xeral da Agrupación Socialista da cidade. Os militantes apostaron maioritariamente, en Galicia, na provincia e agora na Coruña, por darlle un novo pulo ao partido, por poñelo de novo no seu lugar.
No caso da Coruña os militantes elixiron a proposta solvente e confiable de Inés Rey, que ven liderando dende o goberno local un proxecto ilusionante e de futuro que está a transformar a cidade. Elixiron unha dirección integradora que recuperará a voz e a experiencia de moitos militantes que teñen moito que achegar e abrirá as súas portas á sociedade para seguir crecendo e sumando talento.
Un cambio necesario en Galicia para que o PSdeG volva a recuperar o lugar que lle corresponde e un cambio necesario na Coruña para que a cidade volva a contar un partido socialista forte, con presencia e posicionamento sobre o futuro da cidade e as necesidades dos coruñeses e coruñesas.
Con Inés Rey ao fronte, á cidade da Coruña contará de novo cun partido socialista pegado aos problemas da xente e implicado coa cidade. Un partido que irá na mesma dirección que o goberno, acompañando as políticas transformadoras e de progreso que se están a desenvolver na cidade.
Dende o goberno local estamos a construír unha cidade máis amable, pensada para as persoas, unha cidade igualitaria desde os valores do socialismo e agora contaremos cunha dirección ao fronte da agrupación socialista forte e integradora, aberta á cidade, pendente da realidade dos barrios que escoitará aos coruñeses e aportará propostas en positivo.
En definitiva, A Coruña contará cunha agrupación socialista útil, que contribuirá a mellorar a calidade de vida dos seus cidadáns e a que a cidade volva a ser unha referencia no desenvolvemento de políticas igualitarias e de progreso.