O BNG de Sada opoñerase a gobernos de dereitas tal e como o prometera na campaña e favorecerá en todo momento un goberno de esquerdas para o Concello.
Dende o partido apuntan que "o noso papel será aportar estabilidade e claridade no pleno municipal. Lonxe de personalismos, e ante a incerteza e volatilidade da situación política no noso concello, o noso papel sempre estivo e estará apoiando alternativas de progreso".
O BNG votará a favor da candidatura de Benito Portela o vindeiro sábado porque pensan que así non favorecen nin por acción nin por omisión, a formación dun goberno do PP e as súas marcas blancas.
Aseguran que seguirán traballando pola humildade, o traballo e o criterio.