Sada pon en marcha a elaboración do calendario municipal 2025 coa colaboración cidadá

Sada pon en marcha a elaboración do calendario municipal 2025 coa colaboración cidadá

O Concello de Sada xa ten tema para vestir o próximo calendario municipal de 2025: "Sada e as súas praias", dando así protagonismo ás diferentes praias e calas que atesoura o municipio. Así, o Concello volve dar á cidadanía a oportunidade de crear de forma participativa o almanaque anual e convida a que envíen as súas fotografías para seleccionar as 13 (12 meses máis a portada) que conformarán o CALENDARIO SADA 2025. As persoas autoras das fotografías seleccionadas recibirán un suadoiro edición especial de Cero de Costa co nome estampado das praias do Concello de Sada.


Sada é un municipio con praias urbanas, calas paradisíacas e areais incribles, un gran patrimonio natural ao longo da costa que vai desde o castelo de Corbeiroa até a praia de Cirro. Esas praias serán as que o Concello de Sada destaque no seu CALENDARIO 2025 a través da ollada da cidanía que poderá enviar as súas forografías dos arenais. De todas as imaxes enviadas farase unha selección de trece fotografas, unha por mes, ademais da portada. A selección correrá a cargo polo persoal municipal das áreas de Cultura e Educación. As persoas autoras das fotografías seleccionadas recibirán un suadoiro edición especial de Cero de Costa co nome estampado das praias do Concello de Sada.

 

Información práctica:
As fotografías deberán ser orixinais e non ser premiadas en ningún concurso, nin publicadas en medios profesionais.

 

Admitiranse fotografías que por si mesmas poidan localizarse ou identificarse nalgunha praia ou cala de Sada.

 

Quérese pór atención na presenza de menores nas imaxes. Se aparecen menores, o autor ou autora deberá de ter permiso dos seus proxenitores para a publicación no calendario.

 

As fotografías terán a extensión ´.jpg´ ou ".png" e o tamaño gardará unha proporción de 30 centímetros de ancho por 20 centímetros de alto, ou similar, aproximadamente, cunha resolución de polo menos 250-300 ppp e en formato horizontal, para que teñan a calidade suficiente para a edición en caso de resultar seleccionadas.

 

As fotografías remitiranse ao Concello a través do formulario que atópase na web municipal SADA.GAL - https://www.sada.gal/participa-na-elaboracion-do-calendario-sada-2025

 

Os participantes responsabilizaranse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, nin reclamación algunha por dereitos de imaxe.

 

As persoas participantes poderán enviar un máximo de tres fotografías. O calendario editarase no mes de decembro e terá unha tirada de 750 exemplares.

 

Prazo límite de presentación de fotografias: até o 30 de novembro 2024 ás 23:59.

Sada pon en marcha a elaboración do calendario municipal 2025 coa colaboración cidadá

Te puede interesar