Con motivo del centenario del nacimiento de la actriz de cine y teatro gallega, María Casares, nacionalizada francesa y que cosechó gran éxito durante su exilio en el país galo, se dieron a conocer ayer los ganadores del concurso de microrrelatos organizado por El Ideal Gallego en colaboración con la Xunta de Galicia.
En la entrega de los reconocimientos participaron el director del diario, Andrés Ríos, y el delegado territorial de la Xunta en A Coruña, Gonzalo Trenor, así como los participantes en el concurso y los galardonados. A continuación, se referencian los ganadores y sus obras.
Xurxo González (ganador): “Sentín a súa colorosa aperta ao me poñer o vestido, non sendo este un vestido calquera, lixeiro coma un suave asubío. Miña naiciña, ben querida, recreo a miña infancia no teu regazo, a ser actriz cos teus tecidos, no prado xogando; miña naiciña, ben querida, agora estou aquí, fronte ao escenario, perdo o medo aos aplausos coa túa caricia.”
Carmen López (primera finalista): “Faltaban só dous minutos, a suor esvarábame pola fronte, tremíanme as pernas. Só se me antollaba pensar na miña nai, quen me fixera o traxe que levaba posto. Esta era a miña primeira actuación, desde ese mesmo momento, a frase que me axudou a non me volver pór nerviosa antes de actuar foi: “cando chegas ao escenario, xa está, só hai que deixarse levar”.
Lucía de la Iglesia (segunda finalista): “Verde campo o que naceu nas miñas costas, creceu, cheo da luz que lle proporcionaba aquel místico lugar. Esvarábanme as enredadeiras, mecidas e peiteadas pola brisa que me rodeaba, aterecíame tanto iso como a pequena sensación de nerviosismo que emerxera hai uns días no peito. Corre a tea entre as miñas pernas, acompañado dos pequenos detalles de algodón, e o traxe móvese, como si estivera vivo. Os meus pés bailan xunto ao lixeiro vestido no que estou. Contemplo, decidida, cara a diante. E sorrío, leda, encantada coas miñas prendas. Traxe de escena de Titania, Le Songe d’une nuit d’été” .