Tanxugueiras darán o venres dúas actuacións demostrando que a música tradicional todavía está “á moda”

Tanxugueiras darán o venres dúas actuacións demostrando que a música tradicional todavía está “á moda”
el ideal gallego-2019-05-08-036-9306b0ae

O trío musical Tanxugueiras ofrecerá na Coruña dúas actuacións o próximo venres, primeiro en El Corte  Inglés de Marineda City e máis tarde no Ágora, onde amosarán que a música tradicional “segue á moda”.


Ademáis, na súa cita en Marineda das 18.00 horas, firmarán copias do seu disco, que saíu á luz hai case un ano, e que lles levou a gañar o galardón ao mellor álbum en galego do ano 2018 nos premios MIN da Música Independiente. Pola contra, o seu concerto no Ágora será ás 21.00 horas e para conseguir unha entrada tan só hai que coller un libro en galego a préstamo nunha das bibliotecas municipais coruñesas.

Sobre a súa música, destaca Sabela Maneiro, unha das tres integrantes de Tanxugueiras, que elas non teñen “complexos para cantar música tradicional no noso idioma”. “Somo persoas extrovertidas”, describe Maneiro, “nós mesmas facemos os arranxos” e, sobre o obxectivo da súa música di que buscan “chegar á xente, a todas as nenas, nenos e maiores e demostrar que a música tradicional, e en galego, segue á moda”.

Orixes do grupo 
Tanxugueiras está formado por tres mulleres, ás irmás Sabela e Olaia Maneiro, máis Aída Tarrío, e naceu, tal e como explica Sabela, como unha maneira “de pasalo ben durante os seráns e para poder cantar as tres xuntas”.


A súa música fíxoas viaxar polo mundo adiante, ofrecendo actuacións en países como Escocia, Suiza ou India, lugares onde acollen “súper ben” a música tradicional que fan as Tanxugueiras. “Entusiasman moito os cantos galegos”, explica Maneiro, que engade que gardan certa semellanza “cos cantos hindúes”.


Estrenaron o seu disco hai case un ano e tivo un gran éxito, até o punto de gañar o premio MIN ao mellor álbum en galego. “A verdade é que non esperabamos unha acollida así, é moi difícil vender discos, pero a acollida que tivo ao final foi brutal”, sinala Maneiro.
Tanxugueiras está a preparar un novo traballo discográfico, que “se todo vai ben”, poderá ver a luz durante o mes de novembro deste mesmo ano. O disco “farémolo nós, con selección e arranxos nosos”, di Maneiro. “Hai algo de medo, pero esperamos que teña unha boa acollida, como o anterior”, engade.

Sobre que poderá esperar a xente que acuda ao seu concerto no Ágora o próximo venres ás 21.00 horas, Maneiro di que “o público pode esperar moita tolería, algunhas cousiñas novas, aínda que non do novo disco, e mesmo un enfoque musical diferente”. l

Tanxugueiras darán o venres dúas actuacións demostrando que a música tradicional todavía está “á moda”

Te puede interesar