As Irmandades da Fala recrean cen anos despois, unha viaxe histórica no ferrocaril a Ferrol

As Irmandades da Fala recrean cen anos despois, unha viaxe histórica no ferrocaril a Ferrol
Copia de El Ideal Gallego-2017-02-08-036-19c2c140

O colectivo literario In Nave Civitas e a Fundación Artabria organizan este sábado unha viaxe no tempo que levará os que participen nesta activadade ata o 11 de febreiro de 1917. O obxetivo é   recrear una viaxe histórica para o galeguismo, a visita que fixeron as “Irmandades de Amigos da fala da Cruña” a Ferrol no ferrocaril. Un dos primeiros actos que prentendía dignificar a lingua e ampliar o seu uso, ata entón moi ligado a poesía. Foi anunciado como un “mitin do rexionalismo galego” no que ninguén ía atopar “humildá, nin queixas, nin vágoas, nin sospioros”.
Para revivir aquelas primeiras reunións burguesas, un tren sairá o sábado da estación do ferrocarril de A Coruña as 10.50 horas, e desde a organización do evento sinalan que nesta viaxe están invitados todos aqueles que queiran participar, eso sí a idea é ir vestidos de época e con ganas de pasalo ben. 
O chegar a Ferrol faráse un roteiro por lugares emblemáticos das Irmandades co asesoramento do catedrático Xosé M. Do Barro. Non se trata soamente dun paseo de lecer, senon que explicarase o que aconteceu fai cen  anos. Despois chegará o momento de inmortalizar o evento cunha reportaxe fotográfica no edificio Ideal Rooms no que farase unha lectura dos textos de 1917.
Como non podía ser doutra maneira, a música tradicional tamén estará presente. Os gaiteiros acompañarán ós coruñeses dende a saída do ferrocarril. Segundo explican desde o colectivo In Nave Civitas, polo momento hai cuarenta personas inscritas na actividade e se os pasaxeiros do tren non poñen reparos os gaiteiros seguirán facendo soar os seus instrumentos ata chegar a estación de Ferrol.

XANTAR POPULAR
O xantar será no local da Fundaçon Artabria e terá un prezo de doce euros por persoa. Neste mesmo emplazamento farase lectura de textos, un recital poético musical e troula. Para poder reservar unha cadeira na mesa  hay que escribir a correodeartabria@gmail.com antes de mañá, ou chamar o teléfono 669778474. Finalmente, o tren voltará a A Coruña as 19.15 horas, estando prevista a súa chegada ás 20.30 horas.
Destas primeiras xuntanzas  no 1917, que agora recrean as Irmandades da Fala, xurdiron varios movementos culturales, políticos e económicos que siguen estándo presentes na Galicia de 2017. n

As Irmandades da Fala recrean cen anos despois, unha viaxe histórica no ferrocaril a Ferrol

Te puede interesar