Os tempos actuáis teñen cargas excesivas de emocións, de medos e de sufrimentos para unha gran parte da sociedade española. Chove sobre mollado para moitos sectores xa moi debilitados da nosa economía e as expectativas de mellora, a medio prazo, non son excesivamente optimistas. Retornan os clásicos. Bárcenas volve a sacar a artillería e desta parece que vai ser gorda, porque leva demasiado tempo afinando a puntería na soidade rabiosa da súa propia historia persoal. O Sur tamén existe, pero ademais sofre en centos de movementos sísmicos, esa estraña atracción letal entre as placas tectónicas de Europa e de Africa. Cifuentes e o seu xuízo polo Master que nunca cursou daría, e da de feito, para escribir unha enciclopedia Espasa. Pero no Congreso semellara que fora certo aquilo de querer facelo tamén Sitio Distinto. Non ía ser só a Comunidade de Madrid de Ayuso, onde poden ter porcentaxes de incidencia acumulada realmente escandalosos, pero as reunións nos bares e restaurantes pasa dos 4 aos 6 comensais. Casado e os seus recorren a todo tipo de triquiñuelas para evitar falar do que importa e taparse así as vergonzas das últimas actuacións onde perderon unha credibilidade que xa non tiñan.
García Egea e os seus, como nunha memorable actuación daqueles chiripitifláuticos que ocupaban as tardes dos pequenos, viven nun mundo feliz e xogan a escribir papeliños, e a facerse os hoolingans con abondosas xestualizacións, como o mesmísimo capitán Tan contando as súas viaxes ao longo e ancho de este mundo. Nin serve nin arranxa, pero os medios falan deles. Ninguén lles di a verdade, o inmenso ridículo que fan ao perder o tempo e os modais, en non axudar a resolver absolutamente nada.
Abrazarte ten a pulsión do universo –dixo El– e o latexo intenso do que é certo. Unha emoción alta de catedral gótica e a ilusión de eternidade simple dun océano...