Hai memorias feridas e memorias con soberbia. Con algunhas coincidimos e con outras discrepamos profundamente. Hai memorias selectivas e memorias manipuladas.
Todos coñecemos narracións de acontecementos espacio-temporais, onde o que se conta manifesta sesgos e valoracións, radicalmente diferentes ao relato que sufrimos e vivimos. Hai quen di que todo depende dos impactos, dos valores, ou das ideoloxías acaso.
Pero as verdades históricas deberan ser incuestionables e absolutas; nunca xogar a admitir interpretacións que non cumpran cos principios de obxectividade, que esixe a metodoloxía da investigación histórica. Ven isto a conto tamén, pola facilidade de manipulación dos feitos e dos acontecementos co emprego das novas tecnoloxías, que permiten ademais agrandar desmesuradamente o tamaño dos bulos, de maneira case que instantánea. Para moita xente calquera cosa que sae nalgún medio é necesariamente certo. Non utilizan ningún tipo de filtro para seleccionar, engadir ou cuestionar, calquera cosa por moi incrible que puidera resultar. É coma se fora a nova palabra de Deus. Polo que o único que nos restaría engadir, sería o Amén de conformidade que ademais, ven por decreto coa resposta automática aplicable ao procedemento. Canto máis avanzamos, máis cousas imos deixando pola borda. A moitos lles molesta que a realidade do que eles pensaron diferente, lles estoupe na cara e lles esperte de un mundo no que acaban de descubrir, que viviron sempre nunha verdade imaxinaria. Son mundos paralelos. Auga e aceite que nunca acabarán mesturados. Ás veces a verdade, é só unha cuestión de opción. Ou de criterio.
Vivir é ir facendo traslados de sentidos –dixo El– amoreando afectos en caixas de cartón, agardando que a fraxilidade non borre o teu sorriso... vivir é habilitar planetas compartidos, onde sempre unha luz agarde a túa chegada... e cada pedra conserve a historia que sentimos...