O tamaño de Europa semella ter decrecido nos últimos tempos. Das grandes transformacións que permitiron o paso dunha Comunidade onde só o económico importaba, a unha Unión configurada entorno ás políticas sociais, o tamaño físico e simbólico de Europa semellou medrar notablemente.
Acaso hoxe a súa importancia como estrutura, organización e espazo orgullosamente compartido, sexa menor. De ser case unha utopía para unha sociedade coma a española que vía na Unión Europea a única posibilidade para poder chegar a ser un pais importante, un máis entre os grandes, pasou a ser unha rutina máis con eleccións cada cinco anos, e que ademais acaban quedando nun evidente segundo plano.
Unha notable perda de voz, unha ampla afonía que impide escoitar e valorar a importancia do que falamos. Europa importa. E da dimensión que queiramos darlle, dependerá que deamos respostas colectivas a problemas que son de todxs. Os novos problemas asoman nun terreo abonado de escepticismo, antieuropeismo e os movementos ultras que acaban por tensionar e descontextualizar calquera cousa que tocan.
A Inmigración, a Fiscalidade, os regulamentos laborais, os espazos de dereitos, a seguridade, a defensa común, e a aposta polas políticas medioambientais, deberan ser marcos amplos nos que poder escribir novas e brillantes páxinas de ese espazo común do que formamos parte. Semellara que Europa volvera a quedar lonxe.
Tristemente, unha vez máis, destaca a excepción e non a regra. Borrell alonga a súa sombra de autoritas, dentro dun panorama de mediocridade absoluta. Con estes vimbios, xa o canta con claridade Rosalía, malamente...
É doado sentirte –dixo El–sempre estás na causa, motivo e consecuencia... Ti es o cerne dos valores de eterna consistencia... Sabes? A excelencia é consubstancial a túa natureza...O demais é mero ruído, unha simple conxunción de necios e mediocres...