Rematou o verán. Laboralmente falando, recuperamos a rutina que volve a instalarse nas nosas vidas. Pouco a pouco, este tempo de lecer e reencontro, vai quedando na memoria curta das emocións positivas. Retornamos, eso sí, máis bronceados e felices.
A pesar de todo comprobamos que o común denominador das novas veraniegas, segue a ser por antonomasia, o erro consumado ou a insistencia repetida no mesmo. Esperanza Aguirre admite que varias das personas nas que confiou, saíronlle rás. E agora ela mesma está imputada na trama Púnica.
Tamén Cristina Cifuentes, imputada na mesma trama, manifesta que ela somentes pasaba por alí. Pero non só dos antigos vive o erro. A recén chegada Ayuso e o caso AvalMadrid, e o seu piso supostamente resultado dun alzamento de bens.
Ou do matrimonio Espinosa de los Monteros e Monasterio, coa súa casa e despacho profesional. O esforzo continuado de PP e Cidadáns para ser máis extremistas que Vox, en temas de violencia de xénero, ou eliminando as Direccións Xerais de políticas de Muller. Boadella, militante en boutades, impudica e insoportablemente errado, manifesta que non se fixeron as mans dun macho para estar quietas.
Ou o erro permanente de Unidas Podemos. Entendéndose posuidores dunha mensaxe mesiánica, ou é con eles ou nunca será, insisten e persisten. Ao erro maíusculo de non aceptar Vicepresidencia e Ministerios no mes de Xullo, erro de tal magnitude que pasará a formar parte dos programas académicos de Ciencias Políticas, insisten en navegar na importancia de 3 millóns de votantes, obviando que eles desprezan aos 10 millóns que gañaron as eleccións. O peor dos erros non é que sucedan, senón que non se recoñezan, nin se corrixan.
Deixamos sen habitar miles de abrazos –díxolle El– perdidos nas estacións de tránsito, sentimos que partiron tristes os mellores soños...