nemos un Estado de luxo que non chora recursos, demóstrao cunha planificación territorial e de infraestruturas poderosa que nos sitúa na vangarda europea do gasto público, mellor dito do mal gasto público. Esta realidade é especialmente intrínseca en Galicia, as inversión de España en Galicia están a ser o paradigma do que non se pode permitir facer.
Temos tres aeroportos, sen un plan de traballo común e mal comunicados entre eles, calquera desvío de un bo entre os mesmos é un suplicio de horas de autobús para os visitantes e usuarios. Temos na ridícula distancia de un puñado de millas náuticas dos macroportos en Ferrol e Coruña que so valeron para enterrar un montón de millóns de euros e para que ningún dos dous funcione a pleno rendemento nin coordinados. Temos unha obras do AVE, que van sumando millóns e que non se sabe moi ben cando van a rematar e por riba tampouco vertebran o noso territorio, o contrario, que pasará cos tres aeroportos?
Pero o paradigma da mala xestión en planificación centralista é a autovía A-8, famosa por un tráxico accidente pola néboa e convertida na “Autovía ausente” que pasa máis días pechada que aberta. Un tramo con sobre-costo e con unha inversión de máis de 200 millóns de euros por riba do ornamentado.
Gozo con bastante frecuencia da iluminación de corte da estrada, moi moderna e incluso innovadora, pero aseguro que prefería que o trazado non fose o actual, por moi bonitas que sexan as luces que fomento colocou para seguridade de todos. A clave do problema é que estas dotacións, servizos e infraestruturas federais, foron planificadas dende Madrid sen contar coa opinión dos galegos e galegas. Aseguro sen medo a equivocarme que calquera persoa de Abadín ou de Mondoñedo sabía que no Fiouco a néboa era veciño incansable, pero claro dende os despachos de Madrid non ven máis lonxe que do Guadarrama.
Aínda é mais sorprendente se temos en conta que consultando fontes históricas, os romanos, podíamos ter evitado o problema. Estes tiñan un paso entre a Mariña e a Terra Chá xustamente polo val seguinte, sen néboa, que listos estes romanos! Igual sabían preguntar á xente da zona. O problema xa non ten moita solución, pero ten que servir duna vez para que os galegos teñamos forza para influír nas decisións que se toman sobre o noso territorio decidíndoo en Galicia baixo uns criterios coherentes co noso e baixo o coñecemento das necesidade do noso. O resto supón un freo o cremento do noso País.