CUNQUEIRO, A MEMORIA

Memoria dun pobo. A nosa memoria. Memorias esquecidas. Rescribila historia cos ollos do presente mesturada e debagutada polo sectarismo, pola confusión que só a ignorancia xera, é un problema. Destapalas esencias da percura dunha verdade excluinte dos demáis, é un terrible engano. Analizar cos mimbres que só a liberdade inculca e protexe é fácil, pero tamén fuxidío e parcial. Todos temos pasado. E temos que viver con él. Algúns o poden xustificar. Outros xa non. Coidado cos epígonos da verdade absoluta pero tamén cando ésta non é nidia.
Alvaro Cunqueiro, escritor, columnista, ensaísta, dramaturgo, poeta, gastrónomo e un largo etcétera é obxecto de controversia o seu pesar e o dos galegos. Máis de trinta anos despois do seu pasamento o falso purismo revisionista propón en Madrid retíralo seu nome do rueiro debido o seu pasado falanxista-franquista. En nome da lei da memoria histórica propónse ca todo aquél con relación co rexime de Franco sea borrado. Non importa a persoa, a obra, os feitos, a evolución intelectual ou política. Non importa o home, só a mácula, só a “limpeza” dunha época onde houbo a aberración e o fratricidio. 
Ateigados polo convencimento de ser os baluardes das esencias da democracia demoler a memoria, xeneralizar os persoeiros, criminalizar todo pasado que atinxera e colaborara coa dictadura o cos emblemas, coma era a Falanxe, diezmada e dogmatizada pola dictadura e utilizada contrariamente o ideario do seu fundador, ten un pecado post mortem, e teno para un dos grandes escritores do século pasado na nosa lingua. 
Non somos quen de xulgar as ideas, os comportamentos, as ligazóns e filias dun personaxe tan emblemático como prestixioso. O pasado nos pertence e atrapa en ocasións. Saber vivilo, sabelo superar é unha virtude. O mundo non pode deterse na traxedia 1936-1939. Había que vivir aqueles dramáticos días, e a represión que houbo durante, por tódolos bandos, e despois, por un. Non comparto a xustificación que se está a faguer de Cunqueiro que era unha forma de autoprotección a súa filiación o partido feixista español. As ideas, e os por qués, só pertencen o autor de Merlín, de Sochantre e o vello Sinbad. Non somos quén de xulgalos agora, nin de fundamentalos e xustificalos ou denigralos. Esmorece o ser senón e libre de ser. Por qué sí. Motivacións, ideas, pensamentos que son do ser. E que somos o que somos, o que podemos ser, ou o que nos deixan ser segondo as circunstancias de cadaquén. Que escribiu de todo e pra todos. Que honrou as letras galegas e castelás. Que amou a seu lar ate o infindo, que non se avergoñou del, das súas tradicións, as súas crenzas como pobo e nación. Que elixiu na súa lápida un senlleiro “loubado seña Deus que me permitiu facerme home neste grande reino que chamamos Galicia”.
Non tivo inimigos, non exerceu violencia nin fobias. Amou os seus, a súa tribo, a súa xente, o seu reino, a súa lingua, as dúas. Non hai nada no seu pasado, feitos, accions que fosen sospeitosas de maldade. Rescribila memoria por capricho, é un erro e un atentado. Eisí de sinxelo, de paseniño. Pero só os homes se trabucan e xulgan. 

CUNQUEIRO, A MEMORIA

Te puede interesar