O día despois

Celebróuse o Día das Letras Galegas. En certo senso, o día grande da nosa lingua. Iste ano adicado a Díaz Castro, o poeta intimista, o poeta transcedente, o poeta da perfección e do purismo do verso. Poemas soltos e un só poemario, “Nimbos”. A verba supurando a expresividade da profundidade do ser humán, a frase envolveita en estética perfeita. O home atrapado por una beleza que é capaz de ferilo, de aguilloalo, pero non de derrotalo, senón de retornar o sentimento en poesía. Poesía e lingua, o laio do tempo a cabalo de orballos e nimbos de lus. Galicia sempre e por sempre. A nosa lingua, a riqueza e o tesouro que escintila e arxila a cotío. Galicia pode en nós, como puido no poeta de Guitiriz. Porque é nosa, porque somos nós nela como escribiu nalgures o poeta lembrado.
Pero pasa este día, outro, e calquer, xeirado e ateigado dos seus propios problemas e debagullano no dexergar silandeiro do tempo. E xa non se ensalza a lingua. Nin os xornais escriben artigos en galegos, coma no día grande. A lingua de namorar e para namorar de Alonso Montero. 
Coidemos a lingua, amémola nosa lingua, prestixiémola cada día, cada vez, unha e outra vegada, cada 17 de maio, pero sobor de todo, un e cada día que non sexa 17 e maio. Máis ala da escuma das esfemérides, máis alá dun calendario frío ou emotivo. Pero non esquezamos, as linguas sirven para comunicar, porque nacen para facernos máis libres. Pero non para segregar, para afastar nin aillar. 

O día despois

Te puede interesar