Cidades sen rumbo

Hoxe é díficil saber se Galicia é un País urbán ou rural. Na concepción típica do noso pensamento estamos por opinar que somos unha sociedade de asentamento rural. Mais na realidade, a aplicación das políticas conservadoras e apoucadas de Feijoo mudou esa realidade nunha sorte de sete cidades e areas metropolitanas moi poboadas e relación ó rural. 
Este é un deseño de País miserento e apoucado que porén ven demostrando pouco a pouco o seu fracaso: diáspora, incendios, crise demográfica, estancamento do crecemento e a transformación da nosa identidade de pobo. A perda do saber popular e das tradicións do noso rural.
Esta situación grave en Lugo e Ourense é tamén culpa da mediocridade no deseño das nosas cidades, ás claras vese unha falta total de proxectos de cidade en todas, un goberno a golpe de titular, populismo e fortes localismos son a tónica do que pasa nas urbes galegas. 
Sete cidades artellan a vida en Galicia, chama poderosamente a atención de que non exista un ente ou órgano ou xuntanzas de rexedores que compartan estratexia e visión política do País, cada quen polo seu lado e aumentando as guerras partidistas-localistas.
Non era mellor que cada cidade se diferencia das outras pero tamén que potencie o intercambio e non se fomente a competencia?
Lugo xunto con Ourense non fan máis forza polo AVE? Non sería lóxico buscar nexos de unión entre as dúas capitales interiores, fomentar o transporte? Lugo ten o aeródromo e Ourense a formación na materia, produce isto algún intercambio? 
Pontevedra e Vigo, manteñen algún tipo de xuntanza? Están presentes xuntos na promoción internacional? Coordinan calendarios e axendas para multiplicar a oferta?
Coruña, Ferrol e Santiago manteñen obxectivos comúns máis alo de que os seus alcaldes enganasen á xente con En Marea? Ferrol cara onde vai? Vigo e Ferrol falan do naval? Coruña e Santiago falan dos aeroportos? 
Traballa algunha cidade en relación cos concellos veciños para xerar servizos?
Algunha cidade traballa os seus plans pensando no rural? 
É unha pena que dende a Xunta ou mesmo a Fegamp non se traballe este eixo importante en Galicia, que si se fixera ben trocaría a realidade do rural e do noso País, potenciando por mil o valor da Nosa Terra.
O vindeiro maio é hora de xuzgar o traballo dos alcaldes e alcaldesa estrela das nosas cidades, repasade os programas, mirade o cumprimento, pensade en Galicia á hora de xuzgar. Haberá quen traballe, non os actuaís, na chave de resolver as anteriores preguntas en beneficio de Galicia, estade atentos. 

 

 

Cidades sen rumbo

Te puede interesar