Ollo, pode que de forma natural as eleccións galegas coincidan coas municipais e europeas de 2019. Os acontecementos da política estatal en relación coa extraordinaria capacidade formativa de Casado e a súa facilidade de intelecto para acurtar no tempo o que ó común dos humáns lle leva moitos anos, a súa tan potenciada formación académica, pode acabar nunha sorte de dominó que leve ó PP a ter que mirar cara un líder que consideran solvente, un Presidente chamado Feijóo. Nesa hipotética solución o “compromiso” de Feijóo con Galicia pode resolverse con unha convocatoria electoral para colocar o seu delfín en Galicia e librarse da súa propia conxura.
Se o pensamos ben, foi unha xogada mestra do presidente do PP de Galicia. Casado xa fixo o traballo ó que Feijóo tiña medo, eliminar a Soraya. Ten o camiño libre para aterrar en Madrid, comento aterrar porque en Ave aínda non se pode ir. Unha chamada popular das bases a un líder para organizar o partido, iso xa pasou no PP aínda que con dedazo, quen non lembra: “nin tutelas, nin tú tías”
Ó PP de Galicia esta opción pode resultar incluso tentadora, o seu músculo electoral municipal pode beneficiar ó herdeiro do rapaz dos Peares para asentarse, pola mobilización de voto local do que é aínda capaz o PP en Galicia, beneficiando a calquera opción de relevo.
De todos xeitos vai resultar un caso insólito, no caso de que se produza unha investigación do Supremo sobre Casado que obrigue ó PP a mover fichas o sustituto dun político marcado vai ser un señor que sacou fotos con un dos capos máis significativos do narcotráfico, que cousas ten a vida. Mellor dito que cousas ten o PP.
Claro está que esta é unha hipótese, pero pode pasar, e cómpre neste senso estar atentos a esta oportunidade, a fisura que as primarias e o congreso do PP deixou na organización popular galega está presente. Ourense vai por libre e medio Lugo está nun sector que o aparato non controla, pode o Supremo causar grandes problemas. Está é unha oportunidade para asentar unha alternativa fiable en Galicia, cuxo obxecto non sexa botar o PP senón traballar polo país que compartimos. Este posible paso do PP, a descomposición do proxecto En Marea, que resultou ser unha sorte de xogo de tronos de mediocres políticos e a falla de líder no PSOE galego que non ten nada de influenza en Ferraz. Pon coma opción a unha forza galeguista que pense no progreso de todos sen deixar a ninguén no camiño.