Status do capitalismo desalmado

Desalmado, adxectivo que pode ser expresado na súa opción masculina e tamén na feminina, é unha cualificación desa actitude que amosa falta de humanidade, capaz de causar dano intencionadamente e de facer sufrir aos demais sen sentir pena por iso e mesmo compracéndose. Daquela é lóxica a súa opción sinónima de crueldade e, tratándose da evolución que amosa a día de hoxe o sistema capitalista que rexe a economía, sistemas de produción e relacións sociais na máis grande parte da orbe planetaria, o máis acaído e a súa catalogación como salvase. Si, capitalismo salvaxe; unha aposta teórica e práctica, clara e decidida, que se amosa na traxectoria histórica recente en relación as guerras inducidas por interese mercantil e comenencia da estratexia no dominio xeográfico, con descaro nesa na ruta do petróleo mundial, e as matanzas indiscriminadas de persoas que vai parella ao absoluto desprezo polas normas do dereito internacional e dos preceptos democráticos máis sacros que o señores donos da riqueza privativa internacional pasan con obscenidade desafiante polo forro dos seus pantalóns.


Alén da falsa impresión que pode tirarse do discurso público, e de certas iniciativas lideradas pola actual presidencia dos Estados Unidos, amosando un incipiente comezo de novos tempos coa mudanza do neoliberalismo descarnado que agora daría paso a un período máis xusto, racional e respectuoso como medio ambiente; na realidade, o capitalismo non está de canga baixa, está no seu momento cume, non hai ninguén enfronte nin se divisa esa posibilidade no horizonte. A concentración de corporacións mastodónticas e operadores absolutos nunha poucas mans, mesmo na fórmula de oligopolios perfectamente compenetrados entre si, aínda que non sexa aparentemente un único provedor de servizo, máis coa capacidade de ditar os prezos e custos a golpe de canón, sen ser molestados pola cómplice autoridade política responsable de pór coto ao abuso e fiscalizar o prezo xusto das cousas, é unha certeza cada vez máis evidente.


Mágoa da falla na previsión dos analistas que consideraron, tempo secular atrás, a proximidade da hecatombe do capitalismo. Da súa substitución por un modo de produción e de distribución da riqueza alternativo, porén que pola contra viron pasar por diante moitas e variades crises nas que este sistema, e os intentos encamiñados a construír un modelo máis xusto e igualitario, foron superados polo capitalismo que mesmo saíu fortalecido. A pandemia sanitaria que soporta a humanidade debería ser momento de reflexionar. A nosa supervivencia precisa doutro sistema.

Status do capitalismo desalmado

Te puede interesar