ALBA | SHAILA | LENA
Chegamos ás 12:00 da mañá a El Ideal Gallego. Recibiunos a subdirectora do xornal, Paola, e explicounos todo o que iamos facer. Repartiunos uns carnés de xornalista e entramos ás instalacións.
Cando entramos, o primeiro que vimos foi a parede da fama onde todos os famosos aos que lles fan entrevistas firman. Fixéronnos un montón de fotos grupais e logo sortearon os temas para facer un xornal.
A nós, Alba, Shaila e Lena, tocounos facer a nova dixital da visita. Os nosos compañeiros estanse divertindo moito e están a facer temas sobre os extraterrestres, o ataque dun polbo xigante e deportes, entre outros.